Kyle Brandon O'Quinn, nado o 26 de marzo de 1990 en Jamaica, Nova York, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos SeaHorses Mikawa da B.League.
Traxectoria profesional O'Quinn foi seleccionado na 49ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Orlando Magic. O 9 de agosto de 2012, asinou o seu contrato de rookie cos Magic.Magic Sign Kyle O'Quinn
O 9 de xullo de 2015, O'Quinn foi traspasado ós New York Knicks a cambio dunha cantidade económica e o dereito de intercambiar eleccións da segunda rolda do Draft de 2019. Fixo o seu debut cos Knicks no primeiro partido da tempada, o 28 de outubro na vitoria por 122-97 contra os Milwaukee Bucks, onde fixo 8 puntos e 11 rebotes.
O 9 de xullo de 2018, O'Quinn asinou cos Indiana Pacers.
O 11 de xullo de 2019, O'Quinn asinou un contrato dun ano cos Philadelphia 76ers.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference
Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en Nova York Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Orlando Magic Categoría:Xogadores dos Orlando Magic Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores do Fenerbahçe SK (baloncesto) Categoría:Xogadores do Paris Basketball