Jo Inge Berget, nado en Hadeland o 11 de setembro de 1990, é un futbolista noruegués que xoga como dianteiro do Malmö FF na Allsvenskan.

Traxectoria

Primeiros anos Berget comezou a súa carreira no Lyn e en xullo de 2008 firmou un contrato por tres anos co Udinese canda o seu compañeiro Odion Ighalo e comezaron a xogar na liga xuvenil sub-20, Primavera, así e todo en marzo de 2009 volveu cedido ao Lyn ata o 2 de agosto e en decembro de 2009 ao Strømsgodset por un ano, aínda que en xaneiro de 2011 prolongouse o seu préstamo ata o 31 de decembro de 2011, mais rescindiuse ao vender a Berget ao Molde en xullo de 2011. miniatura|Jo Inge Berget xogando co Lyn en 2009. Molde Berget fichou por tres anos co Molde en setembro de 2011 e debutou nunha vitoria 1 a 0 contra o Lillestrøm, substituíndo a Mattias Moström no minuto 74. O seu primeiro gol foi no decisivo partido contra o Tromsø, logo do cal o Molde FK celebrou o seu primeiro campionato de liga.

Cardiff City e Celtic O 24 de xaneiro de 2014, firmou co Cardiff City, adestrado por Ole Gunnar Solskjær, con quen xa estivera no Molde. Debutou o 15 de febreiro na quinta rolda da FA Cup, nunha derota 1–2 contra o Wigan Athletic. Unha semana máis tarde debutou na Premier League xogando os 11 últimos minutos no lugar de Fraizer Campbell nunha derrota 0–4 contra o Hull City. O Cardiff acabou a tempada en 20.ª posición e baixou de categoría.

O club cedeuno ao Celtic en xullo de 2014. No seu debut anotou dúas veces contra o Dundee United nunha vitoria por 6 a 1. Volveu ao Cardiff o 1 de xaneiro de 2015 e dúas semanas máis tarde cancelouse o seu contrato por consentimento mutuo.

Malmö FF O 19 de xaneiro de 2015 firmou por tres anos co campión sueco, o Malmö FFe o 19 de agosto de 2015, marcou contra o seu antigo equipo, o Celtic, nunha derrota 3–2 na clasificación da Liga de Campións.

Carreira internacional Berget debutou con Noruega o 18 de xaneiro de 2012 na King's Cup en Tailandia, xogando a primeira metade dunha vitoria 1–0 sobre Tailandia en Bangkok.

Notas

Categoría:Nados en 1990 Categoría:Xogadores do Cardiff City FC Categoría:Xogadores do Celtic FC Categoría:Xogadores do FC Lyn Oslo Categoría:Xogadores do Malmö FF Categoría:Xogadores do Molde FK Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Noruega Categoría:Xogadores do Strømsgodset IF Categoría:Xogadores do Udinese Calcio Categoría:Nados no condado de Innlandet Categoría:Dianteiros de fútbol