O termo ataque de tiburón emprégase para describir un ataque dun tiburón sobre unha persoa. Cada ano rexístranse máis de 70 ataques en todo o mundo. Malia a súa relativa infrecuencia, moita xente ten medo dos ataques de tiburón, especialmente despois de ocasionais ataques en serie, como o da vaga de ataques de tiburón de Nova Jersey de 1916, e filmes de terror como Tiburón. Das máis de 480 especies de tiburón, só tres son responsables dun número de dous díxitos de ataques fatais e non provocados: o tiburón branco, o tiburón tigre e o tiburón touro;ISAF Statistics on Attacking Species of Shark porén, o tiburón oceánico pode que matara máis náufragos que non quedan rexistrados nas estatísticas.
Notas
Categoría:Elasmobranquios