A igrexa do Santo Sepulcro (en ; tamén chamada igrexa da Resurrección ou igrexa da Anastase pola Igrexa ortodoxa; en , Kaneesat al-Qeyaamah; en , Knesiyat ha-Kever; en , Naos tes Anastaseos; en , Surb Harut’ian Tachar), é unha igrexa dentro do barrio cristián da cidade vella de Xerusalén, preto de Muristan. A igrexa contén, de acordo coas tradicións máis antigas do século IV, os dous lugares máis sagrados da cristiandade: o lugar onde Xesús de Nazaret foi crucificado, coñecido como "Calvario" (Calvāria) en latín e "Golgotha" (Γολγοθᾶ, "Golgothâ") en grego, e a tumba baleira de Xesús, onde se di que foi enterrado e onde resucitou. A tumba está rodeada polo santuario do século XVIII, chamado Edículo.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Cristianismo en Israel