Para outras persoas chamadas Agripa, ver Agripa.
Agrippa foi un astrónomo grego do século I. No ano 92 realizou unha observación astronómica citada por Claudio Tolomeo.
Traxectoria Segundo sinala Claudio Tolomeo no Almaxesto VII, 3, no doudécimo ano do reinado de Tito Flavio Domiciano, no sétimo día do mes bitinio de Metrous, Agripa observou a ocultación dunha parte das Pléiades pola parte máis setentrional da Lúa. O propósito da observación de Agripa foi probabelmente verificar a precesión dos equinoccios, que foi descuberta por Hiparco de Nicea. Recoñecementos
En 1935 decidiuse na súa honra chamarlle «Agrippa» a un cráter de impacto lunar situado no bordo sueste do Mare Vaporum.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Imago Mundi: Agrippa Crater Agripa
Categoría:Astrónomos da Grecia antiga Categoría:Personalidades sen imaxes