Silvio é un rei lendario de Alba Longa que reinaría entre o -1139 e o -1110. Traxectoria É citado, entre outras fontes, na Eneida de Virxilio. Era fillo de Eneas e de Lavinia aínda que outros din que o seu pai era Ascanio, o fillo máis vello de Eneas, tido coa súa primeira esposa Creúsa. Foi o sucesor do seu medio irmán Ascanio como rei de Alba LongaVirxilio, Eneida VI, 763. ben por ser fillo do anterior, ben por ter usurpado o trono. Da súa estirpe descenderán case todos os reis de Alba Longa e del en diante a maior parte conservarán o nome Silvio no apelido. Sucedeuno o seu fillo Eneas Silvio, e despois o seu neto Latino Silvio, á súa vez rei. Igualmente, a gens Iulia di que a súa dinastía vén dos descendentes de Ascanio e non dos de Silvio, por tanto moi probabelmente tamén Rómulo e Remo serían descendentes de Ascanio. Virxilio non profunda estes aspectos. Dante Alighieri cítao no Canto I do Inferno da Divina Comedia.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Vittorio Sermonti, Inferno, Rizzoli 2001. Umberto Bosco e Giovanni Reggio, La Divina Commedia - Inferno, Le Monnier 1988. Outros artigos Eneida. Eneas. Alba Longa.

Categoría:Reis de Alba Longa