Radcal, tamén coñecido como RadCal e RADCAL (de Radar Calibration) foi un satélite artificial da Forza Aérea dos Estados Unidos pertencente ó Programa de Probas Espaciais (Space Test Program) lanzado o 25 de xuño de 1993 mediante un foguete Scout G1 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea para servir como obxectivo para a calibración de radares militares.
Características A misión de Radcal foi servir de obxectivo de calibración para os radares en banda C do Mando Espacial e permitir establecer a posición doutros satélites cunha precisión de poucos metros.
O satélite estabilizábase por gradente gravitatorio e foi o primeiro adicado á monitorización de rendemento de radar (RPM polo acrónimo en inglés). Tiña forma octogonal e unha masa de 89,3 kg, cunha altura de 40,6 cm e un diámetro de 76,2 cm. O mastro para a estabilización por gradente gravitatorio tiña unha lonxitude de 6,069 m. A enerxía era proporcionada por células solares. Radcal levaba a bordo dous transpondedores en banda C, unha baliza de frecuencia dual (150 e 400 MHz) e unha unidade de control, telemetría e seguimento. Como carga experimental levou dous receptores GPS para determinar a súa posición.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía RADCAL, NASA, 22 de novembro de 2004.
Outros artigos Scout G1
Categoría:Satélites artificiais