Como acontece noutras culturas, en Galicia tamén estivo presente a vella preocupación supersticiosa polos días faustos e infaustos, felices e infelices. A seguir recóllense crenzas, refráns e cantigas que recollen a pegada da semana na cultura popular galega.
A semana Refraneiro Cando a semana está de piollos, no val mudar a camisa Eladio Rodríguez González, s. v. semana.. Día tras día, semana ó cabo Eladio Rodríguez González, s. v. día.. Na semana da Ascensión, tres días carne e tres días non . Na semana de Ramos lava os teus panos; que na de Pasión, ou poderás ou non . Toda a semana bambeouse, e o sábado arremangouse .
Cantigueiro Cunha codia de pan quente,/ unha sardiña salgada/ e o abrazo dunha nena/ pasa un home unha somana Xaquín Lorenzo Fernández, 221..
O luns O día indicado para cortarse as uñas é o luns, porque así non se sofre de dores de cabeza nin de dores de moas .
Refraneiro Lus e martes son dous días, cuarta e quinta xa o saberás, viernes non comerás carne e sábado ir á montería e domingo á misa, esa é a vida de Xan Elixio Rivas Quintas (1978).. Lus marcha, martes chega, cuarta aguza, quinta talla, sesta carga e sábado chega meu primo Xan cun carro de leña . Mozo de luns e bois de sábado non valen un ochavo. Neno domingueiro renega do luns Eladio Rodríguez González, s. v. neno.. O luns e o martes lava a curiosa; o mércores e o xoves, a envexosa; e o sábado, a preguizosa. O luns érgome, o martes cálzome, e o miércoles vístome Eladio Rodríguez González, s. v. luns.. O luns levántome, e o martes arremángome . O lus mollo, o martes lavo, o miércoles seco, o viernes peneiro, o sábado amaso; e o domingo, que eu fiaría, todos me din que estou noutra semana e que xa non é día . O mariñeiro, o domingo, bo zapato e boa media, e o luns pola mañanciña vai descalzo pola area.
Cancioneiro Cásate, Xan, en domingo,/ estarás o luns de voda,/ o martes traballarás,/ e acabouse a festa toda Antón Fraguas, 49. Cásate Xan en domingo,/ estarás o luns de voda/ e o martes traballarás / para que folgue túa dona. Hoxe é luns, mañán é martes, / cuarta feira logo vén,/ de mañán en oito días/ éche a semana que vén. Hoxe é sábado alegre,/ mañán domingo trunfante,/ pasado é lunes triste/ para el pobre trabajante José Pérez Ballesteros I,105. Ballesteros anota no último verso: “La j de esta palabra la ha oído pronunciar el colector como g y también como en castellano”.. Lus e martes son dous días,/ coarta e quinta xa o sabías;/ pensei, miña queridiña,/ que tantiño me querías Xaquín Lorenzo Fernández, 91. No orixinal: xó sabías.. O anelo que me deches/ con tres pedriñas azus/ solo me durou tres días:/ sábado, domingo e lus Xaquín Lorenzo Fernández, 114. No orixinal: azús, dias, lús.. O mariñeiro o domingo / bo zapato e boa media, / o luns pola mañanciña / vai descalzo pola area.
O martes O martes tense por día especialmente nefasto, como tamén o é o día 13 de cada mes , e así queda recollido no refraneiro o consello de non acometer nese día ningunha empresa importante, como casar, embarcarse, matar o porco, etc.
Menos común é a crenza de que tamén son días infaustos o mércores e o venres, o que explica a denominación destes tres días como días de erre . Aconséllase non facer negocios nestes días.
En Lalín din que o que nace en martes morrerá de mala morte.
Non se poden poñer as patacas en martes ou con lúa de forza, porque se non agrelan. Para escorrentar as meigas pode utilizarse esta expresión: ¡San Silvestre, que hoxe é martes! para que se perdan ó cambiar o día da semana.
Refraneiro Algún día será domingo e martes de entroido . Cada martes ten a súa semana Eladio Rodríguez González, s. v. martes.. Cada martes ten o seu domingo . En martes con merda te fartes . En martes, nin a cama mudes, nin a roupa laves . En martes, nin panos cortes nin filla cases . En martes, nin porco mates nin churra botes que pitos saque O libro do porco, 36.. En martes, nin porco mates, nin galiña deites que pitos saque. En martes nin te cases nin te embarques Lino Lema Bouzas, 4.. En martes, nin te cases nin te embarques, nin a túa porca mates, nin a túa pita botes, nin a túa tea urdas Tamén en Portugal: As terças e sextas-feiras não casses a filha nem urdas a teia. Terça e sexta-feira son martes e venres.. En martes nin te cases nin te embarques nin o teu porquiño mates . En martes, nin tea tezas nin roupa laves . En martes non cortes nin prantes . En martes non te cases . En martes non te cases nin te embarques, nin o teu cocho mates, nin o teu pan cozas, nin a túa tea urdas, nin a túa filla cases, nin dos da túa casa te apartes . En martes non te cases nin te embarques, nin o teu porquiño mates . En martes non te embarques . En todas partes, cada semana ten o seu martes . Martes de entroido, ¡cando has de vir! Casquiñas de ovos, ¡case habés de ruxir! Eladio Rodríguez González, s. v. Entroido.. Martes de Antroido, ¡cando has de vir!, casquiñas de ovos, ¡cómo habés de ruxir! . Martes, durme hastra que te afartes. Mata en martes e a lúa non cates O libro do porco, 37.Contrarrefrán doutras coñecidas variantes (En martes, nin te cases..., En martes non te cases..., ou En martes nin porco mates..., e tamén da preocupación común por non matar en mingoante. Non tódolos días é martes de entroido Indica que non tódolos días son de festa e paparota. Eladio Rodríguez González, s. v. Entroido.. O entroido, coas súas malas artes, botou a san Matías fóra do martes San Matías era o 24 de febreiro. Eladio Rodríguez González, s. v. Entroido.. O luns e o martes lava a curiosa; o mércores e o xoves, a envexosa; e o sábado, a preguizosa. O luns érgome, o martes cálzome, e o miércoles vístome . O luns levántome, e o martes arremángome . O lus mollo, o martes lavo, o miércoles seco, o viernes peneiro, o sábado amaso; e o domingo, que eu fiaría, todos me din que estou noutra semana e que xa non é día . O martes e o venres nin te cases nin te embarques.
Cantigueiro Adiós, martes de Antroido,/ adiós, meu amiguiño,/ hastra domingo de Páscoa/ xa non como máis touciño O libro do porco, 42. Adiós martes de Antroido,/ adiós meu pequeniño;/ miña mai non matou porco,/ non podo comer touciño No orixinal: matóu.. Cásate Xan en domingo,/ estarás o luns de voda/ e o martes traballarás / para que folgue túa dona. Cásate, Xan, en domingo,/ estarás o luns de boda,/ o martes traballarás,/ e acabouse a festa toda Antón Fraguas, 49.. Lus e martes son dous días,/ coarta e quinta xa o sabías;/ pensei, miña queridiña,/ que tantiño me querías .
O mércores Nalgunhas bisbarras -que a fonte non identifica- evítase matar o porco en mércores porque se cre que mingua a carne .
Xa vimos que os días de erre son considerados de mal agoiro. O caso do mércores pode estar relacionado co feito de que nese día os xudeus acordaron dar morte a Xesús e se decidiu a traizón de Xudas.
Refraneiro O luns e o martes lava a curiosa; o mércores e o xoves, a envexosa; e o sábado, a preguizosa. O luns érgome, o martes cálzome, e o miércoles vístome . O lus mollo, o martes lavo, o miércoles seco, o viernes peneiro, o sábado amaso; e o domingo, que eu fiaría, todos me din que estou noutra semana e que xa non é día .
Cantigueiro Hoxe é luns, mañán é martes, / cuarta feira logo vén, / de mañán en oito días / éche a semana que vén. Lus e martes son dous días,/ coarta e quinta xa o sabías;/ pensei, miña queridiña,/ que tantiño me querías .
O xoves Algúns conservan o resto do cirio que iluminou o sagrario durante os oficios do Xoves Santo pois cren que se se acende ten a virtude de disipar as treboadas.
Para diagnosticar o enganido (nome popular do raquitismo) dun meniño, ponse un vaso de auga na súa cabeza e bótanse nove pingas de cera do cirio do Xoves Santo. Se as nove pingas se xuntan significa que o meniño ten o mal e, para curalo, xuntan a auga de nove fontes e botan nela follas de xaro, bañando despois ó meniño nela.
Locucións ¡Sempre no medio, coma o xoves! Ser máis atravesado que un xoves.
Refraneiro O luns e o martes lava a curiosa; o mércores e o xoves, a envexosa; e o sábado, a preguizosa.
Cantigueiro Lus e martes son dous días,/ coarta e quinta xa o sabías;/ pensei, miña queridiña,/ que tantiño me querías .
O venres O venres é un día maléfico porque en tal día mataron a Xesús, por iso é o día preferido polo mal Mariño Ferro.. En xeral, os tres días que levan ‘r’ (martes, mércores e venres) son considerados de mal agoiro e aconséllase non facer negocios neses días. Tampouco se debe cortar as uñas, especialmente o venres, porque de seguro sairán uñeiros..
No Barco de Valdeorras (Ourense), para curar a caída do calleiro, ponse no amencer do venres, e durante tres venres seguidos, un colar feito de pólas de bidueiro no pescozo do enfermo.
Locucións Caldo de venres: o que se fai nos días de vixilia, sen botarlle carne nin graxa, e que só leva aceite rustrido. Os ollos que forma o aceite na superficie explican a frase ter máis ollos que o caldo de venres. Cara de venres: a de aspecto tristeiro. Non é cousa do outro venres: algo que non sorprende a ninguén, ou que resulta cousa normal e corrente despois de anuncialo como se fose unha marabilla ou algo insólito. Sexta feira maior: Venres Santo.
Refraneiro Navidá en venres, sementa onde puideres, navidade en domingo, vende os bois e bótao en trigo. O lus mollo, o martes lavo, o miércoles seco, o viernes peneiro, o sábado amaso; e o domingo, que eu fiaría, todos me din que estou noutra semana e que xa non é día . O martes e o venres nin te cases nin te embarques.
O sábado As mulleres prefiren dar a luz o sábado, por ser este o día da Virxe, intercesora de tódalas parturientes. Así protexidas, saben que, se morren no transo, a Virxe levaraas ó ceo Antón Fraguas, 25. Tamén se cre que, pola mesma razón, ninguén que morra en sábado irá ó inferno, e que tódolos sábados do ano baixa a Virxe ó Purgatorio a sacar almas (Vicente Risco 1962, 334</ref>.
Porén, o sábado era o día sinalado para reunirse as meigas nos seus aquelarres .
O sétimo fillo varón nacido tras unha serie de seis fillos tamén homes terá poderes sobrenaturais: é quen de dar saúde coas mans. Na Fonsagrada cren que se ademais nace en sábado, eses poderes serán aínda maiores Jesús Rodríguez López, 58..
No Barco de Valdeorras (Ourense) expulsan o mal de aire facendo pasar a persoa que o sofre sobre os bafos que desprenda unha infusión de flores secas de romeu en auga bendita que fora recollida o Sábado de Gloria Mariño Ferro 1985, 131..
Léxico Sábado longo: chámase así o Sábado Santo, polos longos oficios que se celebran en tal día e o xexún que se debía respectar Elixio Rivas Quintas (2001), s. v. sábado.. Sábado Santo: último día da semana santa. Carne de sábado: graxa, despoxos etc. que antigamente se permitía comer na vixilia dese día. Chourizos do sábado: chámase así en Valdeorras a un chourizo delgado, feito con sangue, cebola etc. e ó que ademais se lle bota cabaza. Equivale á choula ou chourela doutros sitios En Castela (León, Palencia, Valladolid) e Asturias existen os chourizos sabadeños, sabadeñas ou sabadiegos, feitos coa carne de menor calidade e mailas asaduras (liviáns)..
Locucións Falar máis que un barbeiro ós sábados: falar de máis, non dar calado. O sábado era o día propio para prepararse e acicalarse con vistas á festa do domingo.
Refraneiro Cando o sábado chove e o domingo antes da misa, pola semana adiante verás que risa Eladio Rodríguez González, s. v. sábado.. Fai o raposo o sábado, con que o domingo non vaia a misa Terra de Melide, 172.. Mozo de luns e bois de sábado non valen un ochavo.