miniatura|340x340px|Henrik Lund coa súa dona, Malene, 1911. Foto de Frederik Carl Peter Rüttel Henning Jakob Henrik Lund ou Intalêraq, nado en Nanortalik o 29 de setembro de 1875 e finado en Narsaq o 17 de xuño de 1948, foi un escritor, pintor e sacerdote groenlandés, coñecido como o autorFrederiksen, Svend «Henrik Lund, A National Poet of Greenlan. Proceedings, American Philosophical Society, vol. 96, nº 6, 1956, pp. 653-659 da letra de "Nunarput utoqqarsuanngoravit", que se convertería no himno nacional de Groenlandia.

Traxectoria Henrik naceu nunha aldea na costa suroeste de Groenlandia e medrou preto dunha comunidade de groenlandeses orientais recolocados. Lund era de descendencia inuit e europea, seu pai, Isak Lund, era catequista e poeta e foi a súa familia e a misión morava quen lle espertaron o gusto pola poesía e a música.

Logo de estudar no seminario luterano en Godthaab ata 1897 e pasar un tempo en Dinamarca converteuse en 1899 en catequista en Angmagssalik, no leste de Groenlandia, en 1900 e alí estivo ata que en 1909 regresou ao oeste e catequizou en diferentes asentamentos. Ordenouse pastor o 9 de outubro de 1936 na Catedral da Nosa Señora de Copenhaguen en Dinamarca. Foi o pastor local de Narssaq.

Entre 1923 e 1932 foi membro do consello provincial de Groenlandia do Sur,, e como pintor dedicouse aos óleos e acuarelas e representou a Groenlandia na exposición colonial de Roma de 1931Henrik Lund Dansk Biografisk Leksikon.

Poesía e canción Compuxo himnos en lingua groenlandesa, que se publicaron en 1909, 1930, 1937 e 1945. Publicou o seu primeiro poema "Upernalermat" no segundo volume de Erinarssûtit. Outros volumes inclúen máis da súa poesía, con algúns poemas de carácter secular. Os seus poemas pódense clasificar como épicos ou didáctico. Un poema, "Igdlugssaq Nápagaungmat" detalla o acontecemento aparentemente menor de construír unha casa en Angmagssalik, aínda que non presenta carácter heroico, esta acción vai ser útil e ha demostrar afección pola comunidade. En "Nunat Asingagingmata" canta á natureza.

Himno nacional O poema patriótico "Nunarput Utoqqarsuanngoravit" escribiuno en 1912 e máis tarde púxolle música Jonathan Petersen (1891–1960), a canción adoptouse como himno nacional de Groenlandia en 1916.

Notas

Categoría:Nados en 1875 Categoría:Finados en 1948 Categoría:Nados en Groenlandia Categoría:Pastores luteranos Categoría:Escritores en lingua groenlandesa Categoría:Personalidades de Groenlandia