Para a especie de raposo presente en Galicia, véxase raposo común. Para outros conceptos referenciados como raposo ou raposa, véxase raposo (homónimos).

O raposo, raposa ou golpe é un mamífero carnívoro de pequeno e medio tamaño que pertence a varios xéneros da familia dos cánidos. Os raposos son un pouco máis pequenos que un can doméstico medio, cun cranio achatado, orellas triangulares, un fociño punzante, lixeiramente virado cara a arriba, e unha longa e espesa cola.

Doce especies pertencen ó grupo monofilético do xénero Vulpes ou "raposos verdadeiros". Arredor doutras 25 especies vivas ou extintas foron chamadas tamén raposos; estes raposos forman parte do grupo parafilético de raposos de América do Sur, ou do grupo formado polo raposo orelludo, o raposo gris e o raposo gris das illas. Os raposos viven en tódolos continentes, agás na Antártida. A especie máis común e espallada de lonxe é o raposo común (Vulpes vulpes) con 47 subespecies recoñecidas. A distribución mundial dos raposos, xunto coa súa reputación de astucia, contribuíu a que estean presentes en moitas culturas de sociedades de todo o mundo.

Clasificación Os cánidos coñecidos como raposos aparecen entre os seguintes xéneros e especies:

Xénero Especie Imaxe Canis Lobo etíope, tamén chamado raposo ou chacal do Semién miniatura|Lobo etíope, nativo das terras altas etíopes. Cerdocyon Raposo cangrexeiro miniatura|Raposo cangrexeiro de América do Sur. † Dusicyon xénero extinto, que incluía ó Raposo das Illas Malvinas miniatura| Raposo das Illas Malvinas. Ilustración de John Gerrard Keulemans (1842–1912) Lycalopex Culpeo ou raposo dos Andes Raposo de Darwin Raposo gris suramericano Raposo das Pampas Raposo de Sechura Raposo do Brasil miniatura|Raposo gris suramericano no deserto de Atacama. Otocyon Raposo orelludo miniatura|Raposo orelludo en Kenya Urocyon Raposo gris Raposo gris das illas Raposo de Cozumel (sen describir) miniatura|Raposo gris das illas (Urocyon littoralis). Vulpes Raposo ártico Raposo de Bengala Raposo de Blanford Raposo do Cabo Raposo da estepa Fennec Raposo de orellas longas Raposo pálido Raposo de Rüppell Raposo común Raposo veloz Raposo do Tíbet

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas BBC Wales Nature: Fox videos The fox website

Categoría:Vulpes