Editorial Gredos é unha editorial española de carácter privado pertencente desde 2006 ao Grupo RBA e con sede en Madrid, dedicándose á publicación de libros especialmente relacionados coa lexicografía, a filoloxía hispánica e o mundo grecolatino.

Historia Foi fundada en 1944 por Hipólito Escolar, Julio Calonge, Severiano Carmona e Valentín García Yebra coa proposición de remediar a falta de libros españois científicos e de estudo. A todos eles uniuse posteriormente José Oliveira Bugallo, achegando o necesario coñecemento do mercado editorial.

Gredos comezara a súa andaina editorial da man dos Clásicos Anotados e Bilingües, os cales descubrirían un mercado novo: o dos textos escolares latinos e gregos.

Os textos escolares permitiron a Gredos crear a Biblioteca Románica Hispánica, fundada en 1950 e dirixida por Dámaso Alonso, na que publicaron as maiores autoridades do campo filolóxico e os próceres de numerosas escolas lingüísticas. A colección completouse e enriqueceu coa aparición de dúas obras cimeiras da lexicografía, o Diccionario crítico etimológico castellano e hispánico de Joan Coromines e o Diccionario de uso del español de María Moliner. En 1977, creouse a Biblioteca Clásica Gredos.

Recoñecementos En 1996, recibiron o Premio Nacional ó Mellor Labor Editorial Cultural por parte do Ministerio de Cultura.

Coleccións miniatura|Diccionario de uso del español de María Moliner. Edición de 1990. Biblioteca Clásica Gredos Manuales Textos Clásicos Biblioteca Estudios Clásicos Biblioteca Románica Hispánica Biblioteca Lope de Vega Escuela Lacaniana de Psicoanálisis Diccionarios Mente, Salud y Sociedad Grandes Obras de la Cultura Clásicos Universales de Gredos Biblioteca Grandes Pensadores Biblioteca Básica Gredos Biblioteca de la Nueva Cultura

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Editorial Gredos

Gredos