Michelangelo Conti, nado en Poli, preto de Palestrina (Estados Pontificios) o 13 de maio de 1655 e finado en Roma o 7 de marzo de 1724, foi un relixioso italiano, elixido papa o 8 de maio de 1721 baixo o nome de Inocencio XIII (en latín Innocentius XIII, en italiano Innocenzo XIII). É o papa n.º 244 da Igrexa católica entre os anos 1721 e 1724. En memoria de Inocencio III, un dos seus antecesores, tomou o nome de Inocencio XIII. Traxectoria

En 1723 protestou en van contra a invasión polo emperador Carlos VI de Alemaña dos ducados de Parma e de Plasencia, territorios baixo soberanía feudal pontifical. Sostivo o partido xacobita e do pretendente, Xacobe Eduardo Stuart, a quen deu oito mil escudos para o mantemento do seu tribunal en Roma, no pazo Muti Papazzurri. Resistiu moito cara aos franceses e negouse a retirar a bula Unigenitus. Non obstante, concedeu o chapeu de cardeal a ao Guillaume Dubois.

Categoría:Papas Categoría:Nados en 1655 Categoría:Finados en 1724