Halmstad é un porto e cidade de Suecia, capital do län de Halland, unha das vinte máis poboadas do país e das cincuenta máis poboadas dos Países nórdicos.
Xeografía Está situada no suroeste do estado, na costa do estreito de Kattegat, na desembocadura do río Nissan.
Historia Fundada durante o reinado de Cristovo II, entre 1434 e 1436 houbo unha revolta contra a Unión de Kalmar, resultando arrasada e queimada. Foi danesa ata 1658, cando foi cedida a Suecia.
Nesta citade Carlos XI venceu aos dinamarqueses en 1676.
Demografía No seguinte gráfico, apréciase a evolución da poboación.
Economía É un centro pesqueiro e ten industria de construción de maquinaria e motores, produción de cervexa, industria téxtil, de artigos de coiro e conservas, sobre todo de salmón afumado.
Clima
Música Jonas Altberg (Basshunter), cantante, produtor e DJ sueco
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Véxase tamén Halmstad (municipio) Ligazóns externas www.halmstad.se
Categoría:Cidades de Suecia Categoría:Condado de Halland