Melania Knauss-Trump, nada en Novo Mesto o 26 de abril de 1970, é unha exmodelo estadounidense de orixe eslovena, coñecida sobre todo por ser a terceira dona do 45º presidente dos Estados Unidos, Donald Trump. Sucedeu a Michelle Obama como a Primeira dama dos Estados Unidos de América, pasando á historia como a segunda nada fóra do país, tras Louisa Adams (dona do 6º presidente, John Quincy Adams, 1825-1829).
Nada no seo dunha familia eslovena na vila de Sevnica, preto de Radeče, co nome de Melanija Knavs, comezou a súa carreira na modelaxe aos 16 anos ao tempo que cursou a carreira de arquitectura. En relación con Trump, ela continuou a súa carreira como modelo mentres realizaba obras de caridade. Fala esloveno, serbio, italiano, francés, alemán e inglés.Youtube A súa relación amorosa con Trump presentouse no reality show The Apprentice en 2004 e casaron o 22 de xaneiro de 2005. Froito deste matrimonio naceu o seu único fillo: Barron (2006).
O 18 de xullo de 2016, protagonizou un escándalo por pronunciar na convención republicana un discurso que o seu asistente en parte plaxiara do pronunciado por Michelle Obama (primeira dama dos Estados Unidos nese momento) na convención demócrata en 2008.O Mundo
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial (arquivada o 1 de marzo de 2012) The Fashion Model Directory
Categoría:Nados en 1970 Categoría:Nados na Baixa Carniola Categoría:Primeiras damas dos Estados Unidos de América Categoría:Modelos femininas de Eslovenia Categoría:Modelos femininas dos Estados Unidos de América