O parque natural do Montgrí, les Illes Medes i el Baix Ter (parque natural do Montgrí, as Illas Medes e o Baixo Ter, en tradución literal ó galego) está situado en Cataluña, na provincia de Xirona. Esténdese polas comarcas do Baix Empordà e do Alt Empordà.

Características O parque natural está formado por elementos sen conexión aparente. Porén a conectividade ecolóxica entre eles é patente, sendo as relacións entre eles observables e estudadas cientificamente. A paisaxe está fortemente humanizada, e ten sido testemuña das civilizacións máis antigas. A presenza deste legado cultural e histórico fai imposible concibir o parque natural cun enfoque puramente ecoloxista.

Illas Medes As illas Medes son conformadas polas illas a Meda Gran, a Meda petita e os Illotes Els Tascons, Les Ferranelles e Carall Bernat.O terreo é de tipo cárstico, sendo erosionado polos ventos do levante e a tramuntana. A orografía é irregular e agreste, e serve de hábitat a diversas especies, tales coma o corvo mariño cristado ou a gaivota patiamarela, coa maior colonia do mar Mediterráneo. Outras aves, máis peláxicas son as pardelas, os mascatos e as mobella. Mais a riqueza biolóxica das illas radican nos fondos mariños. Alí existen importantes colonias de coral, gorgonia e esponxas. Entre as pradeiras de posidonia pódese atopar o nácar, meros, a corvina, o golfiño común ou o dentón. A pesca está prohibida no parque natural e regulada nas zonas limítrofes.

Macizo do Montgrí A orixe do Montgrí ven dos Pireneos. A xeoloxía explica que o macizo é unha illa calcaria en medio dunha chaira deltaica formada pola influencia dos ríos Fluvià e Ter. Jaume II erixiu o castelo entre o 1294 e 1301, para vixiar o condado de Empúries, daquela independente e conflitivo. O castelo ficou inacabado.

Baixo Ter A plana do río Ter foi maioritariamente drenada a finais do século XX e agora ten un uso puramente agrícola. Aínda así aínda existen diversas zonas anegadas e lagoas litorais tales coma o Ter Vell, Fra Ramón, La Pletera e Les Basses d'en Coll. Constituíndo unha importante reserva de biodiversidade. Así, pódese atopar importantes colonias de ammophila arenaria e matthiola Siruata, representantes da importante flora dunar presentes nos areais.

Patrimonio A maioría das vilas da zona son de orixe medieval e contan cun importante patrimonio artístico. Salientar a ermida de Santa Caterina, as igrexas de Sant Pau de Fontclara e de Sant Julià de Boada (con importantes pinturas románicas) ou a vila de Palau-Sator (cunha arquitectura de renome). Hoxe en día porén, moitas vilas desenvolven unha grande actividade turística, especialmente no verán.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web do parque da Generalitat de Cataluña

Montgrí, les Illes Medes i el Baix Ter