José María Garmendia Urdangarin, nado en Legorreta en 1952, e finado o 25 de abril de 2007, foi un político comunista, historiador e catedrático universitario vasco, recoñecido autor de obras sobre a historia contemporánea do País Vasco.
Biografía Militante de primeira hora da organización Euskadi Ta Askatasuna (ETA) durante a ditadura franquista, no que cualificou despois como «o nacemento dun monstro», formou parte de VINA asemblea de ETA en 1970 e abandonou a organización en 1972 xunto co grupo minoritario encabezado por Roberto Lertxundi que terminaría confluíndo no Partido Comunista de Euskadi. Membro da dirección comunista no País Vasco, fíxose cargo da publicación do órgano do partido, Berriak, e chegou a ser membro da dirección no Partido Comunista de España (PCE). Ao comezo da Transición, e tras os malos resultados do PCE en primeiras eleccións democráticas de 1977, participou do proxecto de aproximación ao grupo de políticos abertzales encabezado por Mario Onaindia no intento de conformar unha nova forza política de esquerda vasca non violenta. Finalmente Garmendia desenganouse do PCE, como moitos outros militantes comunistas vascos, co achegamento do mesmo a Euskadiko Ezkerra a comezos dos anos 1980. Dedicou entón plenamente o seu tempo á historia. Xa a finais dos anos 1970 publicara Historia de ETA —obra que ampliaría nos anos 2000 con Antonio Elorza como coordinador, na historia de ETA—, La resistencia vasca (1982), La Guerra Civil en el País Vasco (1988) e La posguerra en el País Vasco: política, acumulación, miseria (1988), entre outros. En 1997 gañou por oposición a cátedra de Historia Contemporánea na Universidade do País Vasco, onde traballou e investigou até o seu pasamento.
Notas
Categoría:Escritores en lingua éuscara Categoría:Finados en 2007 Categoría:Historiadores do País Vasco Categoría:Nados en 1952 Categoría:Políticos do PCE Categoría:Políticos do País Vasco Categoría:Nados en Legorreta