Carlos III o Gordo, nado o 13 de xuño de 839 en Neudingen (no actual Land alemán de Baden-Württemberg) e finado na mesma cidade o 13 de xaneiro de 888, foi un nobre franco que foi rei de Italia de 879 a 888, rei da Francia Occidentalis de 885 a 888, rei da Francia Orientalis de 876 a 887, e emperador de Occidente de 881 a 887.
Traxectoria miniatura|esquerda|300px|Imperio de Carlos III no ano 887. Comprendía os reinos da Francia Occidentalis e da Francia Orientalis, de Italia e de Borgoña.
Carlos era fillo de Lois o Xermánico, e recibiu en herdanza o reino de Xermania.
Tras a abdicación do seu irmán Carlomán de Baviera obtivo o reino de Italia.
Foi coroado emperador en 881 polo papa Xoán VIII en agradecemento pola súa axuda contra Guido de Spoleto, que estaba invadindo os Estados Pontificios.
No ano seguinte morreu o seu outro irmán, Lois III, herdando como resultado o reino da Francia Orientalis.
Ao falecer o seu primo Carlomán II, herdou tamén o reino da Francia Occidentalis. Deste xeito, o Imperio franco quedaba reunificado, aínda que por breve tempo.
Carlos tivo de facer fronte a numerosas incursións viquingas. Unha das máis importantes foi a que mantivo sitiada a cidade de París, preferindo os viquingos pactar a súa retirada a cambio de cuantiosas sumas de diñeiro, o cal desgustou a gran parte da poboación, que o considerou un monarca incapaz, covarde e despreocupado.
Durante o seu reinado estalaron rebelións por todo o Imperio. Unha das máis importantes foi a do conde de París, enormemente popular polo seu labor na defensa de dita cidade ante o ataque viquingo.
Ao non ter fillos lexítimos, tratou de nomear como sucesor un bastardo concibido por unha das súas concubinas, pero a oposición dos bispos fíxolle abandonar a idea. Carlos padecía continuamente enfermidades (probabelmente fora epiléptico) e foi deposto en 887 pola Dieta de Tribur, co que o Imperio carolinxio se disgregou para sempre. Faleceu semanas máis tarde.
Matrimonio e descendencia Carlos casou no ano 862 co Ricarda de Suabia (ca. 840 - ca. 895). Non tiveron descendencia.
O único fillo coñecido de Carlos foi Bernardo (?- 891 ou 892), froito da súa unión cunha concubina.
Antepasados de Carlos III o Gordo
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Ademais dos textos citados nas notas: [https://web.archive.org/web/20110827035007/http://www.dmgh.de/de/fs1/object/display/bsb00000868_00001.html?sortIndex=010:050:0001:010:00:00 Monumenta Germaniae Historica. Tomus I]. . [https://web.archive.org/web/20160805062815/http://www.dmgh.de/de/fs1/object/display/bsb00000869_00002.html?sortIndex=010%3A050%3A0002%3A010%3A00%3A00 Monumenta Germaniae Historica. Tomus II]. . [https://web.archive.org/web/20170927160202/http://www.dmgh.de/de/fs1/object/display/bsb00001094_00003.html?sortIndex=010%3A050%3A0006%3A010%3A00%3A00 Monumenta Germaniae Historica. Tomus IV]. . [https://web.archive.org/web/20170823083425/http://www.dmgh.de/de/fs1/object/display/bsb00000872_00003.html?sortIndex=010:050:0005:010:00:00 Monumenta Germaniae Historica. Tomus V]. . [https://web.archive.org/web/20160311040452/http://www.dmgh.de/de/fs1/object/display/bsb00000841_00003.html?sortIndex=010:050:0009:010:00:000 Monumenta Germaniae Historica. Tomus IX]. . [https://web.archive.org/web/20160315014337/http://www.dmgh.de/de/fs1/object/display/bsb00000842_meta:titlePage.html?sortIndex=010:050:0017:010:00:00 Monumenta Germaniae Historica. Tomus XVII]. . [http://gallica.bnf.fr/ark:/12148/bpt6k501279/f2.image Rerum Gallicarum et Francicarum Scriptores. Tomus IX] , con tradución . Annales Bertiniani . Riché, Pierre (1983): Les Carolingiens, une famille qui fit l'Europe. Paris: Hachette. (Reimpr. en 1997). ISBN 2-01-278851-3. Settipani, Christian (1993): La Préhistoire des Capétiens (481-987). Première partie: Mérovingiens, Carolingiens et Robertiens, Nouvelle histoire généalogique de l'auguste maison de France, Volume 1. Villeneuve d'Ascq: Patrick van Kerrebrouck. ISBN 2-9501509-3-4. Werner, Karl Ferdinand (1992): Histoire de France, t. 1: Les origines: avant l'an mil. Paris: Librairie générale française. ISBN 2-253-06203-0.
Outros artigos Imperio carolinxio. Sacro Imperio Romano Xermánico. Lois II o Mozo. Carlos o Calvo. Lista de monarcas de Francia.
Ligazóns externas Charles en Medieval Lands . Consultada o 15 de novembro de 2016. Xenealoxía dos carolinxios en genealogy.euweb.cz . Consultada o 15 de novembro de 2016.
Categoría:Reis de Alemaña Categoría:Sacro Imperio Romano Xermánico Categoría:Nados en 839 Categoría:Finados en 888 Categoría:Século IX Categoría:Emperadores do Sacro Imperio Xermánico Categoría:Nados en Baden-Württemberg