José María Laso Prieto, nado en Bilbao o 8 de decembro de 1926 e finado en Oviedo o 21 de decembro de 2009, foi un filósofo e militante comunista español que formou parte tanto do Comité Central como do Comité Federal do Partido Comunista de España (PCE).
Como consecuencia da súa "participación na loita clandestina polo restablecemento da democracia en España" padecería diversas detencións policiais; a consecuencia da última das cales permanecería recluído como preso político entre os anos 1958 e 1963.
De entre as súas contribucións á filosofía española, cabe destacar, por unha banda, a súa achega á difusión e defensa en España da obra do filósofo marxista italiano Antonio Gramsci, de cuxa introdución nela foi pioneiro ó publicar o primeiro libro sobre o filósofo sardo editado na mesma; así como, por outra, da doutrina filosófico-xurídica do Uso Alternativo do Dereito (Iusalternativismo).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Laso Prieto, José María (2002). Javier Batalla, Pilar de Castro (coord.) (1998). José María Laso Prieto (decembro de 2004).
Categoría:Nados en 1926 Categoría:Nados en Bilbao Categoría:Finados en 2009 Categoría:Políticos de Asturias Categoría:Políticos do PCE Categoría:Políticos do País Vasco