Andoni Monforte Arregui, nado en Mallabia o 12 de xuño de 1946, é un político e avogado vasco membro do Partido Nacionalista Vasco (PNV).
Traxectoria Licenciado en Dereito pola Universidade de Valencia foi elixido deputado no Congreso na Lexislatura constituínte en 1977, nas eleccións xerais de 1979 e en 1982. Tamén foi Conselleiro do Consello Xeral Vasco nas carteiras de Sanidade e Seguridade Social. En 1986 foi elixido en representación de España ao Parlamento Europeo, cargo que ocupou até 1989. Desde entón, exerce a súa actividade profesional como avogado.
Véxase tamén Ligazóns externas Entrada na Enciclopedia Auñamendi. Ficha no Parlamento Europeo. Ficha no Congreso dos Deputados
Categoría:Nados en 1946 Categoría:Políticos do País Vasco Categoría:Nados en Mallabia Categoría:Conselleiros do Goberno Vasco Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (Lexislatura constituínte) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (I Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (II Lexislatura) Categoría:Europarlamentarios de España (1984-1989) Categoría:Alumnos da Universidade de Valencia