Victorino Gutiérrez Aller, nado en Lalín o 3 de abril de 1937 e finado no mesmo concello o 18 de xullo de 2024, foi un notario e escritor galego.
Traxectoria Fillo do avogado Román Gutiérrez Rodríguez e sobriño de Ramón María Aller. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Fíxose notario en 1969. Empezou a súa carreira profesional en Forcarei, e despois pasou por Celanova e Arzúa; dende 1983 foi notario de Lalín ata a súa xubilación en abril de 2007.
Foi socio fundador da Asociación Cultural Deza. Distinguiuse polo impulso ao emprego do galego no ámbito xurídico, sendo autor do Formulario notarial publicado en 1998 pola Real Academia Galega, e de Réxime económico-familiar e sucesorio na Lei de dereito civil de Galicia. Membro da Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística dende 1984, participou na Comisión Redactora da Lei do Dereito Civil de Galicia.
Finou en Lalín o 18 de xullo de 2024. Obras Ensaio Réxime económico-familiar e sucesorio na Lei de dereito civil de Galicia, 1997. Formulario notarial, 1998.
Narrativa Acta de vítimas, 2016.
Obras colectivas Contos da xustiza, 1992.
Recoñecementos Premio San Martiño de normalización lingüística (1993) Premio Lois Peña Novo (1998) Foi nomeado Fillo ilustre de Lalín en 2016.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela
Categoría:Notarios
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Lalín Categoría:Nados en 1937 Categoría:Finados en 2024 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes