miniatura|

Locucións Ser coma un toxo arnau, ser áspero no trato. Todo é toxo e por rozar, non hai onde escoller.

Refraneiro Ao entrar o mes de agosto, ponse o inverno tras do toxo. As soberbias non caen nos toxos. Besta vella botala ós toxos Eladio Rodríguez González, s. v. besta.. En agosto está a auga tras do toxo Eladio Rodríguez González, s. v. agosto.. Moitas chorimas no toxo, moita boroa polo forno. O toxo sempre che é toxo por floreado que estea. Ovella que anda entre toxos, algunha la deixa neles.

Cantigueiro A folla do toxo pica,/ tamén pica a do codeso;/ quen me a min quer, non o quero,/ i a quen eu quero non vexo Xaquín Lorenzo Fernández, 32.. A raíz do toxo verde/ é moi mala de arrigar;/ os amoriños pirmeiros/ son moi malos de olvidar Xaquín Lorenzo Fernández, 45. No orixinal: raiz.. A raíz do toxo verde/ é moi mala de arrincar,/ os amoriños primeiros/ son moi malos de olvidar Álvaro das Casas, en Nós 95, 15.11.1931, 216.. A Santa Virxe do Viso/ tan alta se foi a pór,/ entre toxos e carqueixas,/ carballiños darredor Xaquín Lorenzo Fernández, 46. Ademais da Virxe do Viso, en Redondela, hai moitos outros lugares con este nome. As cantigas que recolle Xaquín Lorenzo na Limia Baixa refírense á ermida de Nosa Señora do Viso, na parroquia de San Vicente de Lobeira.. Anque che son de entre toxos,/ criada nas carrasqueiras,/ tamén sei beber o viño/ como as mozas das ribeiras Real Academia Galega 1913. No orixinal: tojos.. Arriba raposo,/ que estás tras do toxo,/ non comas o año/ a Pedro Castaño/ que vai na ribeira/ catar a manteiga/ pra a vella parida/ que está na silveira/ con feixe de estelas/ queimando as canelas.</ref>. Fun ó monte por sardiñas,/ fun ó mar cargar de toxo,/ polo monte fun nadando,/ polo mar nun burro coxo Lino Lema Bouzas, 15.. Haber, heiche mandar unha,/ por detrás dun pau de toxo/ ¡e non me has de negar/ que es filla dun piolloso!.</ref>. Haber, heiche mandar unha/ por detrás dun pau dun toxo/ e tu non has de negar/ que es filla dun piolloso Xaquín Lorenzo Fernández, 86. No orixinal: de un, és.. María berrou con Chuco/ na carballeira de abaixo,/ porque lle picaba un toxo/ que levaba no refaixo.</ref>. Meu pai e miña nai choran/ porque non sei traballar,/ agora xa vou sabendo/ coller toxos pra picar Álvaro das Casas, en Nós 94, 15.10.1931, 193. No orixinal: por que.. Miña Virxe da Peneda/ que tan alta se foi pór,/ entre toxos e penedos,/ carballiños darredor Xaquín Lorenzo Fernández, 103. Refírese ó Santuario portugués de Nosa Señora da Peneda, en Arcos de Valdevez, moi próximo á fronteira con España.. Miña Virxe do Xurés,/ que tan alta se foi pór,/ entre toxos e carqueixas/ e carballos darredor Xaquín Lorenzo Fernández, 103.. Na aldeíña da Torre/ non entra un carro con toxo/ por causa dunha meniña/ que ten o peliño roxo A Torre é un lugar de Santa Baia de Arealonga, Vilagarcía. Fermín Bouza-Brey 1929, 160.. O amor que che eu teño/ e mais o que che hei de ter/ caiben na folla dun toxo/ e mais non a han de encher Xaquín Lorenzo Fernández, 114. No orixinal: e máis, nona.. O cariño que che teño/ e mais o que che hei de tomar/ caiben na folla dun toxo/ e de elí inda ha sobrar Xaquín Lorenzo Fernández, 116. No orixinal: e máis.. Para cuñas, pau de toxo/ para fungueiros, carballo/ para conserva-las verzas unha mañá de orballo. Paxariño millarengo,/ ponte na punta dun toxo;/ moito gusto a mi me dan/ as nenas de pelo roxo Xaquín Lorenzo Fernández, 130. No orixinal: de un, dán. O millarengo é un paxaro máis coñecido como liñaceiro (Carduelis cannabina).. Paxariño millarengo,/ ponte na punta dun toxo;/ toma, lévalle esta carta/ ás nenas de pelo roxo Xaquín Lorenzo Fernández, 130. No orixinal: de un.. Todo polo río arriba,/ polo río arriba hai toxos;/ no lugar de Baldemir/ no’hai onde pousa-los ollos Xaquín Lorenzo Fernández, 155. No orixinal: rio, pousalos. Baldemir é lugar de San Xes de Vilariño, concello de Lobeira.. Vaite á merda, vaite á merda,/ por riba dun pau de toxo/ que anda decindo a xente/ que eres fillo dun piolloso Fermín Bouza-Brey 1929, 182. No orixinal: â m... (por eufemismo), de un..

Notas

Véxase tamén Bibliografía BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II]. CASAS, Álvaro das (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 1931. LEMA BOUZAS, Lino (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993. LORENZO FERNÁNDEZ, Xaquín: Cantigueiro popular da Limia Baixa, Galaxia, Vigo 1973. REAL ACADEMIA GALEGA: Diccionario gallego-castellano, 1913-1928. RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo 1958-1961.

toxo Categoría:Ulex