Perfecto Antonio Pereiro Gil, nado en Noceda (Lalín) o 19 de agosto de 1896 e finado na provincia de Córdoba (Arxentina) en 1968, foi un político galego, alcalde de Silleda nos anos da Segunda República Española.

Traxectoria Fillo máis vello do empresario Perfecto Pereiro Castro, foi elixido alcalde o 5 de xuño de 1931 e permaneceu no cargo até o 17 de agosto de 1932. Posteriormente emigrou á Arxentina. Alí casou con Emma Eguía, coa que tivo unha filla, Ana. Regresou a Silleda por unha tempada, volvendo de novo á Arxentina onde faleceu en 1968.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Alcaldes de Silleda Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Lalín Categoría:Nados en 1896 Categoría:Finados en 1968 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes