miniatura|O triángulo invernal: a estrela de abaixo é Sirius, arriba á dereita está Betelgeuse e á esquerda Procyon O triángulo invernal é un asterismo astronómico formado polas tres estrelas máis brillantes do ceo do hemisferio norte no inverno. É un triángulo equilátero imaxinario debuxado na esfera celeste cos vértices definidos por Sirius, Betelgeuse e Procyon, as estrelas primarias nas tres constelacións de Canis Major, Orión e Canis Minor respectivamente.
Visibilidade esquerda|miniatura|Triángulo invernal En inverno durante a maior parte da noite o triángulo invernal permanece alto no ceo nas latitudes centrais e setentrionais, pero tamén se pode ver no outono nas primeiras horas da mañá no leste. Na primavera o triángulo vese no serán no oeste antes das súas estrelas desapareceren do horizonte. No hemisferio sur aparece ao revés e máis baixo no ceo durante os meses de verán.Lou Williams A dipper full of stars. 1964.
O triángulo rodea a maior parte da tenue constelación de Monoceros, así e todo é difícil darse de conta a simple vista.
Notas
Categoría:Asterismos