O 3 de outubro é o 276º día do ano do calendario gregoriano (277º nos anos bisestos). Quedan 89 días para finalizar o ano.
Acontecementos 2333 a.C. - Estímase a data lendaria do establecemento do Reino Chosun (Corea). 42 a.C. - Primeira batalla de Filipos: O Triunvirato de Marco Antonio e Octavio loitan nunha guerra indecisa contra os asasinos do César, Bruto e Casio. Aínda que Bruto derrota a Octavio, Antonio derrota a Casio. 1283 - Dafydd ap Gruffudd, príncipe de Gwynedd en Gales, é a primeira persoa executada no cadafalso, foi despezado. 1483 - Execución do Mariscal Pero Pardo de Cela en Mondoñedo. 1574 - Fúndase en Leiden a primeira universidade holandesa 1574 - nos Países Baixos, finaliza o asedio de Leiden coa retirada das tropas españolas. 1700 - Carlos II de España asina a última vontade que lle dá o trono a Filipe de Anjou e puxo fin á dinastía dos Austria en España. 1714 - A Real Academia Española da Lingua é aprobada pola real cédula de Filipe V, constituída o ano anterior pola iniciativa de Juan Manuel Fernández Pacheco, marqués de Villena. 1739 - Co Tratado de Niza firmado polo Imperio Otomán e Rusia, ponse final á Guerra ruso-turca, de 1736 - 1739. 1863 - Abraham Lincoln proclama festa nacional dos Estados Unidos de América o Día de Acción de Grazas. 1898 - Circula por Madrid o primeiro tranvía eléctrico. 1901 - Estréase en Bos Aires, con grande éxito, De la musa, comedia de Salvador Rueda. 1902 - Estréase no teatro da Comedia a obra Don Gil de las calzas verdes, de Tirso de Molina. 1903 - Rusia e Austria poñen a punto os seus recíprocos intereses no tema dos Balcáns. 1906 - Desenvólvese en Berlín a primeira conferencia de telegrafía sen fíos, que decide adoptar o SOS como sinal de alarma. 1918 - Abdica o káiser Guillerme II. 1919 - Instaurase na Iugoslavia a xornada laboral de 8 horas. 1922 - Inauguración do ferrocarril transpirenaico Aix-en-Provence-Puigcerdà-Ripoll. 1928 - Escavacións nas ruínas da Itálica, para deixar ao descuberto unha vía romana. 1929 - Retómanse das relacións diplomáticas entre Inglaterra e a Unión Soviética. 1932 - Iraq alcanza a súa independencia e únese á Sociedade de Nacións tralo fin da invasión británica. 1933 - O pobo cubano aclama como heroe o coronel Batista. 1936 - O xeneral Francisco Franco traslada o seu cuartel xeral a Salamanca. 1941 - Gandhi incita a tódolos cidadáns das posesións do Imperio británico á resistencia pasiva, nunha entrevista xornalística. 1942: Lanzamento con éxito, na illa de Peenemunde (Alemaña), do foguete V-2, a famosa e mortífera arma secreta de Hitler e antecedente da posterior tecnoloxía espacial. As "fortalezas volantes" da arma aérea dos Estados Unidos de América bombardean St Omer, Le Havre e fábricas de aceiro en Liexa. 1952 - Explosión da primeira bomba atómica británica no arquipélago de Montebello, fronte ás costas de Australia. 1953 - O novo reactor estadounidense Douglas Skyray bate o récord mundial de velocidade o alcanzar 1.281 km/h. 1962 - O astronauta estadounidense Walter Schirra realiza, a bordo da cápsula espacial Sigma 7, en 9 horas e 14 minutos, 6 voltas á Terra, amarando na zona prevista do Pacífico. 1974 - Estados Unidos de América: comenza o xuízo ó presidente Richard Nixon polo caso "Watergate". 1975 - O primeiro ministro de Suecia, Olof Palme, pide diñeiro para a oposición española. 1981: Felipe González insiste na necesidade de convocar o referendo sobre a entrada de España na OTAN. A Folga de Fame dos prisioneiros do Exército de Republicano irlandés no cárcere do Labirinto en Belfast acaba despois de sete meses e 10 mortos. 1988 - Aterraxe do transbordador espacial norteamericano Discovery na base aérea de Edwards (deserto de Mojave), culminando con éxito a primeira misión da NASA dende o fatal accidente do Challenger no 1986. 1990 - Un millón de alemáns festexan en Berlín a unificación alemá e dende entón o país celebra hoxe o Día da Unidade. 1991 - A escritora surafricana Nadine Gordimer gaña o Premio Nobel de Literatura. 1996: Wislawa Szymborska gaña o Premio Nobel de Literatura. A República Federal de Iugoslavia (Serbia e Montenegro) e Bosnia e Hercegovina establecen relaciones diplomáticas, nun acordo firmado en París.
Nacementos miniatura|100px|Ramón de Valenzuela 1788 - Lorenzo de Zavala, político e historiador mexicano 1792 - Francisco Morazán, político hondureño 1800 - George Bancroft, historiador estadounidense 1803 - John Gorrie, inventor do proceso "cold-air" da refrixeración 1880 - Warner Oland, actor estadounidense de orixe sueca 1837 - Nicolás Avellaneda, escritor arxentino 1858 - Eleonora Duse, actriz italiana (m. 1924) 1886 - Alain-Fournier, escritor francés 1889 - Carl von Ossietzky, xornalista e pacifista alemán, galardoado co Premio Nobel da Paz 1935 1896 - Gerardo Diego, poeta español 1897 - Louis Aragon, escritor francés 1898 - Leo McCarey, director de película americano (m. 1969) 1899 - Gertrude Berg, actriz americana (m. 1966) Artur da Costa e Silva, político e militar brasileiro (m. 1969) 1900 - Thomas Clayton Wolfe, escritor estadounidense 1904 - Charles J. Pedersen, químico estadounidense, Premio Nobel de Química (m. 1989) 1908 - Aníbal Muñoz Duque, eclesiástico colombiano 1914 - Ramón de Valenzuela, escritor e político galego 1916 - James Herriot, veterinario e escritor Ángeles Alvariño, científica galega (m. 2005) 1918 - Pedro Lazaga, cineasta español 1919 - James M. Buchanan, economista estadounidense 1920 - Philippa Foot, filósofa británica (m. 2010) 1924 - Harvey Kurtzman, historietista estadounidense 1925 - Gore Vidal, escritor estadounidense 1925 - Manuel Ramón Llamas Madurga, hidroxeólogo e académico español 1931 - Denise Scott Brown, arquitecta e urbanista surafricana 1934 - Rodolfo Martín Villa, político e ministro español 1936 - Steve Reich, compositor americano 1938 - Eddie Cochran, músico estadounidense 1941 - Ruggero Raimondi, cantante de ópera italiano Chubby Checker, músico popular americano 1943 - Carlos Granados, maxistrado español Jesús Mariñas, xornalista galego da prensa rosa 1947 - John Perry Barlow, músico americano 1948 - Pedro del Hierro, deseñador e modisto español 1949 - Lindsey Buckingham, músico americano 1950 - Pamela Hensley, actriz americana 1951 - Dave Winfield, bateador do Béisbol americano 1954 - Dennis Eckersley, bateador do Béisbol americano Al Sharpton, ministro e político americano Stevie Ray Vaughan, guitarrista, cantante de blues americano 1955 - David Silveti, matador de touros mexicano 1958 - Cándido Chicho Sibilio, baloncestista español de orixe dominicana. 1962 - Juan Antonio Ruiz, "Espartaco", toureiro español 1962 - Tommy Lee, rockeiro (Motley Crue) estadounidense 1965 - Jan-Ove Waldner, xogador do tenis de mesa sueco 1973 - Neve Campbell, actriz canadense 1974 - Joshua Burke, activista na contra do tabaco canadano 1976 - Seann William Scott, actor americano 1982 - Julián López “El Juli”, toureiro español Erik Von Detten, actor británico
Mortes miniatura|100px|Roberto Blanco Torres. miniatura|100px|Emiliano Iglesias. 42 a.C. - Gaio Casio Longino, aristócrata, cuestor e nobre da antiga Roma. 1226 - Francisco de Asís, místico italiano e predicador, fundador dos franciscanos. 1483 - Pedro Pardo de Cela Aguiar e Ribadeneira, mariscal galego (n. 1425). 1556 - Domingo Martínez de Irala, "capitán Vergara", considerado o fundador de Paraguai. 1568 - Isabel de Valois, terceira muller de Filipe II. 1611 - Raíña Margarida de Austria, muller de Filipe III e nai de Filipe IV. 1685 - Juan Carreño de Miranda, pintor español. 1734 - Nicolás Tamaral, relixioso misioneiro español. 1803 - Samuel Adams, un dos principais autores da independencia dos Estados Unidos de América. 1815 - Juan Díaz Porlier, xeneral español. 1890 - Joseph Hergenrother, historiador relixioso xermano. 1896 - William Morris, deseñador, poeta e reformador socialista inglés. 1929 - Gustav Stresemann, político alemán. 1931 - Carl Nielsen, compositor dinamarqués. 1936 - Roberto Blanco Torres, escritor e xornalista galego. Asasinado polos falanxistas. Andrés Ares Díaz, sacerdote galego (asasinado). Constante Liste Forján, canteiro, sindicalista e político galego (asasinado). 1941 - Emiliano Iglesias Ambrosio, político galego (n. 1878). 1953 - Arnold Bax, compositor inglés. 1966 - Susana Teodora Ramona Leiva, actriz arxentina. 1967 - Woody Guthrie, músico de folk americano. 1970 - José García Ramos, médico e político galego (n. 1875). 1975 - Pepe Biondi, artista arxentino.
1987 - Jean Anouilh, escritor francés. Dictinio de Castillo, poeta e profesor galego (n. 1906). Kalervo Palsa, artista finlandés. 1988 - Franz Josef Strauss, político alemán. 1990 - Stefano Casiraghi, empresario monegasco, home de Carolina de Mónaco. Curtis LeMay, xeneral da Forza Aérea e funcionario estadounidense, candidato para a vicepresidencia dos Estados Unidos de América. 1992 - Félix Álvarez-Arenas Pacheco, militar e ministro español. 1995 - Elena Quiroga, escritora española. Arturo García Buhr, director, actor e produtor de cine arxentino. 1998 - Roddy McDowall, actor estadounidense. Hugo Batalla Parentini, defensor dos dereitos humanos. 1999 - Akio Morita, empresario xaponés presidente e cofundador da multinacional Sony. Bernard Buffet, pintor francés. 2010 - Philippa Foot, filósofa británica (n . 1920)
Festas e celebracións
Alemaña: - Día de Unidade. Corea do Sur: - Día da Fundación Nacional.
Outros Santoral: Santa Tareixa do Neno Xesús, San Francisco de Borxa, Edmundo e Esiquio (confesores); Cándida, Dionisio, Cándido, Peregrino, Denís, Fausto, Caio, Heraclio, Diodoro e Evaldo (Martires); Alba, Antón, Bieito, Cibrán, Maximiano, Patusio e Ursicino (Bispos); Xerardo, Vidrado e Uto (Abades); Xuvino (Eremita); Vela (Beato); Romana (Virxe). Os 366 días do ano
Notas
03