A dos nefrópidos (Nephropidae) é unha familia de crustáceos malacostráceos da orde dos decápodos, e infraorde dos astacideos, mariños, moitas de cuxas especies son moi apreciadas en gastronomía. Habitan en fondos oceánicos de boa parte do mundo.
Dentro desta familia están a cigala (Nephrops norvegicus), o lumbrigante (Homarus gammarus) e o lumbrigante americano (Homarus americanus).
Cómpre non confundilos coas lagostas, que pertencen á familia dos palinúridos.
Hábitat
Os nefrópidos viven en fondos rochosos, areosos ou lamacentos desde a liña costeira até máis alá da plataforma continental. Xeralmente viven de forma solitaria en fendeduras ou tobos debaixo das rochas ou escavadas na area.
As condicións ambientais do hábitat onde viven poden variar dun océano a outro, pero a temperatura ambiente non presenta grandes flutuacións dado que habitan nunha inmensa masa de auga, que é o océano.
Características Son crustáceos de corpo de forma tubular, cuxa casca ten un rostro ben desenvolvido.
Os tres primeiros pares de patas terminan en pinzas (quelas). As pinzas do primeiro par son moito máis grandes que as dos outros.
As antenas son cilíndricas e moito máis longas que o corpo.
No rostro destacan dous ollos protuberantes protexidos por senllas proxeccións espiñentas.
Teñen que pasar uns 5 anos desde o seu estado larval até que alcanzan o tamaño legal para o seu consumo.
Son depredadores e preeiros que se alimentan de moluscos e materia en descomposición doutros animais. Porén, tamén poden comer peixes, e escavar para encontrar ameixas e outros bivalvos, e así mesmo poden alimentarse de algas e os pequenos peixes que viven nelas.
Clasificación A familia foi descrita en 1852 polo naturalista estadounidense James Dwight Dana.Nephropidae Dana 1852 en Fossilworks.Nephropidae Dana, 1852 no ITIS.Nephropidae Dana, 1852 no WoRMS.
Segundo o ITIS, na actualidade recoñécense na familia as seguintes subfamilias cos seguintes xéneros actualmente viventes:
Familia Nephropidae Dana, 1852 Subfamilia Neophoberinae Glaessner, 1969 Neophoberinae Glaessner, 1969 no ITIS. Acanthacaris Bate, 1888 Subfamilia Nephropinae Dana, 1852 Nephropinae Dana, 1852 no ITIS. Eunephrops Smith, 1885 Homarinus Kornfield, Williams & Steneck, 1995 Homarus Weber, 1795 Metanephrops Jenkins, 1972 Nephrops Leach, 1814 Thymopides Burukovsky & Averin, 1977 Subfamilia Thymopinae Holthuis, 1974 Thymopinae Holthuis, 1974 no ITIS. Nephropides Manning, 1969 Nephropsis Wood-Mason, 1873 Thymops Holthuis, 1974 Thymopsis Holthuis, 1974
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Lumbrigante Cigala
Ligazóns externas Nephropidae Dana 1852 en Fossilworks. Nephropidae Dana, 1852 no WoRMS. Nephropidae Dana, 1852 no ITIS. Nephropidae na ADW. Nephropidae na EOL.
Categoría:Astacideos Categoría:Marisco Categoría:Produtos da pesca