miniatura|250x250px|Miquel Sàmper, actual conseller d'Interior. O Departamento de Interior (en catalán: Departament d'Interior) é un dos departamentos nos que se organiza a actual administración da Generalitat de Cataluña, encargado de exercer as atribucións nos seguintes ámbitos: As funcións relacionadas coa seguridade cidadá O tráfico As emerxencias e a protección civil A prevención, extinción de incendios e salvamento Os espectáculos públicos e actividades recreativas Calquera outra que dispoñan as leis e outras disposicións
Durante as lexislaturas I a V (1980-1999) da Generalitat contemporánea, estas competencias estaban adscritas ao Departamento de Gobernación.
Dependen do departamento o Insituto de Seguridade Pública de Cataluña, o Centro de Atención e Xestión de Chamadas de Urxencia 112 e o Servizo Catalán de Tráfico.
A súa sede principal atópase no Palau del Marquès de Santa Isabel, no Passeig de Sant Joan de Barcelona.
Composición O máximo representante do Departamento de Interior é o conseller d'Interior (conselleiro de Interior). Baixo a dirección do conseller, o Departamento estrutúrase nos seguintes órganos: A Secretaría Xeral A Dirección Xeral de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamentos A Dirección Xeral da Policía A Dirección Xeral de Protección Civil A Dirección Xeral de Administración de Seguridade
Lista de consellers d'Interior Lexislatura Nome da conselleríaTitular Inicio Fin PartidoVIInteriorXavier Pomés i Abella29 de novembro de 19994 de novembro de 2002CDCVIXustiza e InteriorNúria de Gispert i Català4 de novembro de 200217 de decembro de 2003UDCVIIInteriorMontserrat Tura i Camafreita17 de decembro de 200329 de decembro de 2006PSCVIIIInterior, Relacións institucionais e ParticipaciónJoan Saura i Laporta29 de novembro de 200629 de decembro de 2010ICV-EUiAIXInteriorFelip Puig i Godes29 de decembro de 201027 de decembro de 2012CDCXInteriorRamon Espadaler i Parcerisas27 de decembro de 201222 de xuño de 2015UDCXInteriorJordi Jané i Guasch22 de xuño de 201514 de xaneiro de 2016CDCXIInteriorJordi Jané i Guasch14 de xaneiro de 2016no cargoJunts pel Sí
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Interior