A dos parastacoideos (Parastacoidea) é unha superfamilia de crustáceos da orde dos decápodos, suborde dos pleociemados e infraorde dos astacideos que foi descrita en 1879 polo biólogo británico Thomas Henry Huxley. A superfamilia conta cunha soa familia, a dos parastácidos.
Un grupo único e diverso Os parastácidos forman un grupo de cangrexos de auga doce propios do hemisferio sur, e constitúe un taxon clásico que se distribuíu polo antigo continente de Gondwana, polo que comprende especies que viven en América do Sur, Madagascar, Australia, Nova Zelandia e Nova Guinea, encontrándose tamén taxons extintos na Antártida.
A maioría das especies actuais son endémicas de Australia e as illas do Pacífico Sur. Así, máis do 85 % das especies coñecidas viven en Australia. Así mesmo, nove dos catorce xéneros recoñecidos actualmente (por algúns autores) dentro da damilia dos parastácidos están restrincidas ao continente australiano e ás illas próximas (incluíndo o sur de Nova Guinea).Hobbs, H. H., Jr. (1988): "Crayfish distribution, adaptive radiation and evolution". En: D. M. Holdich & R. S. Lowery, eds, Freshwater crayfish: biology, management and exploitation. Portland: Timber Press, pp. 52-82.Hobbs, H. H., Jr. (1991): "A new generic assignment for a South American crayfish (Decapoda: Parastacidae) with revised diagnoses of the South American genera and comments on the Parastacid mandible". Proceedings of the Biological Society of Washington 104: 800-811.
A fauna de cangrexos de río da Australasia é única e moi diversa, tanto en termos de riqueza de especies como na súa diversidade ecolóxica e morfolóxica.Parastacidae na EOL.
Por exemplo, esta fauna contén o maior invertebrado coñecido de auga doce (Astacopsis gouldi) e as máis altamente evolucionadas lagostas de terra (como as do xénero Engaeus) que son capaces de completar o seu ciclo de vida independentemente das augas superficiais.
En canto ao número de cangrexos de río, variabilidade morfolóxica e diversidade ecolóxica, esta fauna só é superada pola dos Estados Unidos de América.
Clasificación Superfamilia Parastacoidea Huxley, 1879 Familia Parastacidae Huxley, 1879 Xéneros Segundo o World Register of Marine Species:Parastacidae Huxley, 1879 no WoRMS.
Aenigmastacus Feldmann, Schweitzer & Leahy, 2011 † Astacoides Guérin-Méneville, 1839 Astacopsis Huxley, 1879 Chaeraps Smith, 1912 Cherax Erichson, 1846 Engaeus Erichson, 1846 Engaewa Riek, 1967 Euastacus Clark, 1936 Geocharax Clark, 1936 Geocherax Clark, 1936 Gramastacus Riek, 1972 Lammuastacus Aguirre-Urreta, 1992 Ombrastacoides Hansen & Richardson, 2006 Palaeoechinastacus Martin, Rich, Poore, Schultz, Austin, Kool & Vickers-Rich, 2008 Paranephrops White, 1842 Parastacus Huxley, 1879 Samastacus Riek, 1971 Spinastacoides Hansen & Richardson, 2006 Tenuibrachiurus Riek, 1951 Virilastacus Hobbs, 1991
Segundo o Sistema Integrado de Información Taxonómica: Parastacus Huxley, 1879 Samastacus Riek, 1971
Segundo BioLib:
Aenigmastacus Feldmann, Schweitzer & Leahy, 2011 † Astacoides Guérin-Méneville, 1839 Astacopsis Huxley, 1879 Cherax Erichson, 1846 Engaeus Erichson, 1846 Engaewa Riek, 1967 Euastacus Clark, 1936 Geocharax E. M. Clark, 1936 Gramastacus Riek, 1972 Lammuastacus Aguirre-Urreta, 1992 † Ombrastacoides Hansen & Richardson, 2006 Palaeoechinastacus A. J. Martin, Rich, Poore, Schultz, Austin, Kool & Vickers-Rich, 2008 † Paranephrops White, 1842 Parastacus Huxley, 1879 Samastacus Riek, 1971 Spinastacoides Hansen & Richardson, 2006 Tenuibranchiurus Riek, 1951 Virilastacus Hobbs, 1991
Distribución 420px|miniatura|esquerda|Área de distribución da familia dos parastácidos.
Tres xéneros emcóntranse en Chile, Virilastacus, Samastacus e Parastacus, o último dos cales tamén conta con poboacións disxuntas no sur do Brasil e no Uruguai.
Non hai especies da familia na África continental, pero si sete en Madagascar, todas do xénero Astacoides.
Australasia é particularmente rica nestes cangrexos de río. O pequeno xénero Paranephrops é endémico de Nova Zelandia. E dous xéneros, Astacopsis e Parastacoides, son endémicos de Tasmania, mentres que outros dous, Geocharax e Engaeus, encóntranse a ambos os lados do estreito de Bass.
Porén, a maior diversidade encóntrase no continente australiano. Tres xéneros son endémicos e teñen áreas de dispersión restrinxidas (Engaewa, Gramastacus e Tenuibranchiurus), mentres que dous están moito máis estendidos e comprenden, entámbolos dous, máis de cen especies: Euastacus, distribuído ao longo da costa australiana desde Melbourne a Brisbane, e Cherax, de Australia e Nova Guinea.
Rexistro fósil Os máis antigos espécimes da familia dos parastácidos son os de Palaeoechinastacus, fósiles do albiense de Victoria, Australia.
O único representante no hemisferio norte é o fósil Aenigmastacus crandalli, do Canadá.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía De Grave, Sammy; N. Dean Pentcheff & Shane T. Ahyong (2009): A classification of living and fossil genera of decapod crustaceans . Gilbertson, Lance (1999): Zoology Lab Manual. 4ª ed. Nova York: McGraw Hill Companies. ISBN 0-07-237716-X. Huxley, Thomas Henry (1880): The Crayfish: an Introduction to the Study of Zoology. Nova York:D. Appleton & Co. Johnson, Sterling K. & Nathan K. Johnson (2008): Texas Crawdads . Texas. College Station. ISBN 978-0-9801103-0-2. Martin, J. W. & G. E. Davis (2001): An Updated Classification of the Recent Crustacea. Walls, Jerry G. (2009): Crawfishes of Louisiana. Baton Rouge: Florida State University Press. ISBN 978-0-8071-3409-2.
Outros artigos Decápodos Pleociemados Astacideos
Ligazóns externas Parastacidae Huxley 1879 en Fossilworks. Parastacidae Huxley, 1879 no WoRMS. Parastacidae Huxley, 1879 no ITIS. Parastacidae Huxley, 1879 en BioLib. Parastacidae na ADW. Parastacidae na EOL.
Categoría:Astacideos