Manuel Otero Bárcena, nado en Santiago de Compostela en 1877 e finado en Valga o 28 de agosto de 1945, foi un empresario galego.

Traxectoria miniatura|300px|De pé, de esquerda a dereita: Apolinar Torres, Avelino Rodríguez Elías, Laureano Domínguez Cao-Cordido e Manuel Lustres Rivas, sentados Jaime Solá, Manuel Otero Bárcena e Blas Agra Mancebo, na entrega do premio de xornalismo Manuel Otero Bárcena, 1932. Fillo de Joaquín Otero Mariño e de Concepción Bárcena FrancoIrmá de Manuel Bárcena Franco, primeiro Conde de Torrecedeira. e irmán de Joaquín Otero Bárcena. Foi o primeiro empresario que fretou vagóns frigoríficos para transportar o peixe galego a Madrid e Barcelona. Foi presidente da Cámara de Comercio e da Liga de Amigos e deputado provincial. Foi director-propietario de Faro de Vigo de 1929 a 1944, transformou a empresa en sociedade anónima e adquiriu a propiedade do Faro de Vigo á familia Lema en 1935, para devolverlla en 1944, un ano antes da súa morte. Finou na Bouza (Valga) o 28 de agosto de 1945.El Pueblo Gallego, 29-8-1945, p. 3.

Vida persoal Casou con María Dolores Rubido Martínez e foi pai de María Concepción, Manuel, María Isabel e Maria Antonia Otero Rubido.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Joaquín Otero Bárcena

Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra Categoría:Nados en Valga Categoría:Nados en 1877 Categoría:Finados en 1945