miniatura|250px|Euphausia superba (Krill antártico).
A dos eufausiáceos (Euphausiacea) é unha orde de crustáceos malacostráceos coñecidos xenericamente como krill.KRILL s.m. Conxunto de crustáceos planctónicos, que viven en grandes concentracións nas augas frías e que son o principal alimento de moitos peixes e cetáceos. ETIM. noruego krill 'peixe pequeno fritido'. Gran dicionario Xerais da lingua. Tomo II. Edicións Xerais de Galicia, Vigo, 2009. ISBN 978-84-9914-072-8.
Encóntranse en todos os océanos do mundo. O nome krill vén do noruegués , que significa "peixiños fritidos", que tamén adoito se atribúe a algunhas especies de peixes.
Son parecidos externamente aos camaróns, duns de 3 a 5 cm de lonxitude, e moi abundantes en todas as augas que circundan as zonas polares. Aliméntanse fundamentalmente con algas do fitoplancton. Á súa vez son o alimento fundamental de numerosas especies de peixes e tamén dos misticetos. Unha rotura na cadea alimenticia, da cal o krill forma parte, podería ter consecuencias catastróficas en termos ecolóxicos. O krill é, pois, un elemento estratéxico na bioloxía dos mares fríos, constituíndo quizais un dos elos máis importantes da rede trófica.
Clasificación: familias e xéneros Segundo o WoRMS, a orde está constituída por dúas familias,Euphausiacea, Dana, 1852 no WoRMS. cos xéneros que se indican a continuación:
Orde Euphausiacea Dana, 1852 Familia Euphausiidae Dana, 1852 Euphausiidae Dana, 1852 no WoRMS. Euphausia Dana, 1852 Meganyctiphanes Holt & W. M. Tattersall, 1905 Nematobrachion Calman, 1905 Nematoscelis G. O. Sars, 1883 Nyctiphanes G. O. Sars, 1883 Pseudeuphausia Hansen, 1910 Stylocheiron G. O. Sars, 1883 Tessarabrachion Hansen, 1911 Thysanoessa Brandt, 1851 Thysanopoda Latreille, 1831 Familia Bentheuphausiidae Colosi, 1917 Bentheuphausiidae Colosi, 1917 no WoRMS. Bentheuphausia G. O. Sars, 1885
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Eucáridos
Ligazóns externas Euphausiacea, Dana, 1852 no WoRMS. Euphausiacea Dana, 1852 no ITIS. Euphausiacea na ADW. Euphausiacea na EOL.
Categoría:Malacostráceos