José Castro Blanco, nado en San Xulián de Requeixo (Pontecesures) en 1890 e finado en 1981, foi un naturópata galego.

Traxectoria Emigrou á Arxentina con 14 anos e despois instalouse no Uruguai. Estudou na American School of Naturopaty de Nova York, onde obtivo o título de Doutor en Naturopatía en 1922, despois estivo na Academia de Medicina Natural de San Paolo. En xullo de 1923 deu unhas conferencias sobre o réxime vexetariano en Santiago de Compostela xunto con R. C. Rey,La Voz de la Verdad, 3-7-1923, p. 1. e o 19 de agosto outra conferencia no Salón Novedades da Estrada.El Emigrado, 24-8-1923, p. 4. Foi fundador da revista Vivir e da Escuela Libre Naturista de Montevideo en 1920, que trasladou a Barcelona en 1925 coa denominación de Escuela Naturotrófica. Despois instalouse en Torrent (Valencia). Fundou a Biblioteca de Caliobiótica y Macrobiótica.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas I Congreso Gallego de Naturopatía "In Memoria de José Castro"

Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Galegos do Uruguai Categoría:Nados en Pontecesures Categoría:Nados en 1890 Categoría:Finados en 1981