Santiago Gómez Tato, nado en Cerdedo cara a 1885, foi un escritor e xornalista galego.Vida Gallega, 1-4-1925, p. 29.
Traxectoria Fillo do notario Jesús Gómez Veiga que estivo destinado no Concello de Cerdedo. Emigrou a Buenos Aires a principios dos anos vinte do século XX. Colaborou na revista Relieves de Coronel Dorrego, en Nueva Era, Eco del Tandil e Derecho de Tandil, e en Céltiga, El Heraldo Gallego, Correo de Galicia e Vida Gallega. Visitou en varias ocasións a súa comarca natal e deixou as súas impresións sobre as súas feiras no periódico Umia y Lérez. Instalouse en Rosario nos anos vinte. Tamén colaborou en Mundo Gráfico. En 1931 dirixiu o periódico La Voz del Pueblo de Martínez (Buenos Aires).
Obras De la tierra meiga: (cuadros, tipos y costumbres gallegas), 1924. Céltiga: Pinceladas gallegas, 1924.
En abril de 1925 anunciaban a saída de dúas novelas: En la soledad de mi aldea e Los eternos caciques.
Obra reunida (2021). Morgante. 270 páxs. ISBN 978-84-19040-00.
Vida persoal Casou en Buenos Aires con Herminia Sánchez Míguez en xullo de 1925.El Heraldo Gallego, 19-7-1925, p. 1.
Notas
Véxase tamén Bibliografía "Gómez Tato, Santiago" en Gran Enciclopedia Gallega Silverio Cañada.
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Xornalistas de Cerdedo Cotobade Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Cerdedo Cotobade Categoría:Nados no século XIX Categoría:Finados en ano descoñecido