O coipú"coipú" en Dicionario Digalego. Consultado o 9 de agosto de 2019.Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. Tomo 5. Páxina 477. ISBN 84-7680-288-9. (Myocastor coypus) é unha especie de roedor semiacuático grande e único membro da familia Myocastoridae (miocastóridos). Orixinalmente era nativo da Suramérica tropical e temperada, pero foi introducida en Norteamérica, Europa, Asia, e África, principalmente para a obtención das súas peles.LeBlanc, Dwight J. 1994. Prevention and Control of Wildlife Damage – Nutria . Animal and Plant Health Inspection Service. Aínda que segue sendo valorado pola súa pelaxe nalgunhas rexións, o seu comportamento alimenticio destrutivo e o feito de que escava tobeiras fai que esta especie invasora sexa unha auténtica praga en moitas áreas e que se fagan esforzos por controlar as súas poboacións en varios países. Está incluído na lista das 100 das especies exóticas invasoras máis daniñas do mundo da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (IUCN).
O M. coypus vive en tobeiras que escava ao longo das zonas húmidas. Aliméntase dos talos das plantas das ribeiras dos ríos.
Etimoloxía e nomes O seu nome científico de xénero deriva do grego mys e kástor (a través do latín castor), que significa 'rato-castor'. O nome específico coypus procede da voz koypu da lingua do pobo mapuche chileno (mapudungun).
En galego úsase para este animal o nome coipú. Coipú e coipo son os nomes máis usados para el na súa zona de procedencia de Chile. Menos frecuente é o nome quiyá, de orixe tupí-guaraní usado en Paraguai e países veciños. Na América hispánica, especialmente na zona andina, chámanlle a este roedor nutria (que significa 'londra'), malia que o animal non ten nada que ver coas verdadeiras londras, que son mustélidos e non roedores. Tamén se emprega o nome rata-nutria. O nome nutria pasou ao inglés debido ao comercio de peles, idioma onde tamén se chama coypu ou river-rat ('rata de río').. No Brasil o animal coñécese como ratão-do-banhado, nútria ou pola voz da lingua tupí caxingui. En francés chámase ragondin, en holandés beverrat ('rata-castor'), en alemán Wasserratte ('rata de auga'), termo tamén usado para outros roedores, en italiano nutria e castorino ('pequeno castor'), en sueco sumpbäver ('castor de pantano') etc.
Taxonomía miniatura|dereita|220px|Cranio.
O M. coypus foi descrito por Juan Ignacio Molina en 1782 co nome Mus coypus, clasificado como membro do xénero do rato.C. A. Woods, L. Contreras, G. Willner-Chapman, H. P. Whidden. 1992. Mammalian Species: Myocastor coypus. American Society of Mammalogists, 398: 1-8. O xénero Myocastor foille asignado en 1792 por Robert Kerr, mentres que Geoffroy, independentemente de Kerr, nomeou esta especie Myopotamus coypus, e ocasionalmente aínda hoxe é ás veces chamado por este nome.
Xeralmente recoñécense catro subespecies: M. c. bonariensis: norte da Arxentina, Bolivia, Paraguai, Uruguai, sur do Brasil M. c. coypus: centro de Chile, Bolivia M. c. melanops: illa de Chiloé M. c. santacruzae: Patagonia
M. c. bonariensis, a subespecie presente na parte máis ao norte (subtropical) da súa área de distribución, crese que foi o tipo de M. coypus que normalmente foi introducido noutros continentes.
Aspecto miniatura|dereita|220px|Neste exemplar son ben visibles os grandes dentes laranxas da especie.
Este roedor lembra en parte unha rata moi grande ou a un castor cun rabo curto. Os adultos pesan normalmente de 4 a 9 kg (o máis habitual é entre 4,5 e 7 kg) e teñen unha lonxitude de 40 a 60 cm, cun rabo de 30 a 45 cm; non obstante, chegan a pesar ata 17 kg. Teñen un pelame externo marrón escuro áspero con pelos máis internos suaves grises. Tres características distintivas son unha mancha branca no fociño, pés posteriores palmados e incisivos grandes de cor amarela-laranxa brillantes. As mamilas da femia están situadas bastante arriba nos seus flancos, o que permite que as crías se alimenten mentres a nai está na auga.
Ás veces o M. coypus pode confundirse con Ondatra zibethicus (rata de almiscre), que é outro roedor semiacuático moi estendido que nalgunhas zonas ocupa os mesmos hábitats de zonas húmidas. Porén, a rata do almiscre é de menor tamaño e máis tolerante aos climas fríos e ten unha cola aplanada lateralmente que usa para nadar, mentres que a do M. coypus é redonda. Pode confundirse tamén cun pequeno castor, xa que ambas as especies teñen anatomías parecidas, pero as colas dos castores son aplanadas como pas.
Historia vital miniatura|dereita|220px|Comportamentos do M. coypus.imaxe en Full HD.
Pode vivir ata seis anos en caividade, pero normalmente é raro que vivan máis de tres anos. Segundo un estudo, o 80% dos individuos morre no seu primeiro ano de vida, e menos do 15% dunha poboación salvaxe ten máis de tres anos de idade. Os machos chegan á madurez sexual xa aos catro meses, e as femias aos tres meses de idade; porén, ambos poden ter unha prolongada adolescencia, ata a idade de 9 meses. Unha vez que as femias están preñadas, a xestación dura 130 días, e paren desde unha soa cría a trece. As crías nacen con todo o pelo e cos ollos abertos; poden comer vexetación xunto cos seus pais ás poucas horas de nacer. As femias poden empreñar de novo o día seguinte de dar a luz. Potencialmente, unha femia pode procrear tres veces ao ano. As crías son aleitadas durante de seis a oito semanas e despois abandonan as súas nais e fan vida independente.
Ademais de reproducírense moi rapidamente, cada exemplar consome grandes cantidades de vexetación, que supoñen aproximadamente o 25% do seu peso corporal ao día, e aliméntase durante todo o ano. Como é un dos roedores máis grandes que existen pode causar moitos danos na vexetación. Comen a base dos talos das plantas e a miúdo escavan na capa orgánica do solo para comer as raíces e rizomas enterrados. Orixinan nos ecosistemas zonas arrasadas onde desapareceu a maioría da biomasa da vexetación aérea ou enterrada, orixinando un ambiente salpicado de zonas destruídas, o cal altera o hábitat doutros animais e o dos humanos que dependen das marismas e pantanos.Ford, Mark, and J. B. Grace. 1998. "Effects of Vertebrate Herbivores on Soil Processes, Plant Biomass, Litter Accumulation and Soil Elevation Changes in a Coastal Marsh." Journal of Ecology 86(6): 974-982.
O M. coypus vive normalmente en marismas e pantanos de auga doce, pero tamén pode habitar en marismas salobres e máis raramente en marismas salgadas.Jordan, Jillian, and E. Mouton. 2011. "Coastwide Nutria Control Program 2010-2011." <http://www.nutria.com/uploads/1011CNCPfinalreport.pdf>Lyon, W.J., and J.B. Milliet. 2000. "Microbial Flora Associated with Louisiana Processed Frozen and Fresh Nutria (Myocastor coypus) Carcasses." Journal of Food Science 65(6): 1041-1045.
Aspectos comerciais e medioambientais miniatura|220px|dereita|Myocastor coypus
A extinción local na súa área de distribución nativa debido a un exceso de capturas levou a que se criase en granxas peleteiras a finais do século XIX e inicios do XX. As primeiras granxas exitosas establecéronse na Arxentina na década de 1920 e despois en Europa, Norteamérica e Asia. Estas granxas xeralmente non foron investimentos exitosos a longo prazo, e as granxas de coipús a miúdo deixaron libres ou escapáronselles os animais a medida que as súas operacións deixaron de dar beneficios. O primeiro intento de crear granxas de coipús fíxose en Francia a inicios da década de 1880, pero non foi un éxito. As granxas suramericanas posteriores foron, ao contrario, moi rendibles e iso fixo que se creasen granxas similares en Norteamérica e Europa. Como os animais das granxas a miúdo escapaban ou eran liberados á mantenta para que servisen como animais de caza ou para eliminar a vexetación acuática, acabaron por establecerse poboacións silvestres. miniatura|250px|dereita|Un coipú sobre troncos.
Introducíronse nos ecosistemas de Louisiana na década de 1930, ao escaparen de granxas peleteiras que as importaran de Suramérica. A primeira importación fíxose en 1937, cando E. A. McIlhenny trouxo 13 exemplares á illa Avery. Na década de 1940, algúns dos coipús escaparon durante un furacán e poboaron rapidamente as marismas costeiras, pantanos do interior e outras áreas húmidas. Desde Louisiana, o coipú estendeuse polo sur de Estadios Unidos, causando estragos nas marismas.
A medida que a demanda das peles de coipú foi declinando, o coipú pasou a converterse nunha praga en moitas áreas, destruíndo a vexetación acuática, marismas e sistemas de rego, e mordendo e estragando produtos como pneumáticos e paneis de madeira das casas en Louisiana, causando erosión nas ribeiras dos ríos e desprazando a animais nativos. Os danos en Louisiana eran dabondo graves desde a década de 1950 como para merecer a promulgación de leis para o seu control. A inicios da década de 2000, estableceuse o Coastwide Nutria Control Program, que empezou a pagar recompensas por coipú cazado en 2002. Na rexión da baía de Chesapeake en Maryland, onde foran introducidos na década de 1940, estimábase que o coipú destruíra de 2.800 a 3.200 ha de marismas no Blackwater National Wildlife Refuge. Como resposta a esta situación, en 2003, púxose en marcha un programa multimillonario de erradicación."A Plague of Aliens" Feb/Mar 2003 edition of National Wildlife magazine, published by the National Wildlife Federation, article by Laura Tangley; acceso online o 8 de decembro de 2006.
Na Península Ibérica, non se estableceran poboacións libres na década de 1960, posteriormente a súa introdución procedeu de escapes e soltas desde granxas peleteiras de Francia e Cataluña desde principios dos anos 1970. Actualmente existen poboacións localizadas na vertente atlántica (Val de Arán en Cataluña; Soba en Cantabria; ribeira do Bidasoa en Guipúscoa; Baztan, Valcarlos e exemplares dispersos na cunca do Ebro, en Navarra). Tamén existen algúns núcleos de moi baixa densidade na vertente mediterránea catalá (Sant Feliù de Buixalleu e Arbúcies, no Montseny na provincia de Xirona). Atlas y libro rojo de los mamíferos de España. Non se estableceu en Galicia. A expansión desta especie invasora limítase a zonas onde non baixa moito a temperatura en inverno. Debido ao seu potencial colonizador e constituír unha ameaza grave para as especies autóctonas, os hábitats ou os ecosistemas, foi incluída no Catálogo Español de Especies exóticas Invasoras, aprobado polo Real Decreto 630/2013, de 2 de agosto, estando prohibida en España a súa introdución no medio natural, posesión, transporte, tráfico e comercio.
No Reino Unido o coipú introducírase en 1929 en Anglia Oriental, para crialo polas súas peles, pero moitos escaparon e danaron os sistemas de drenaxe e posteriormente un programa concertado polo MAFF o erradicou en 1989. Porén en 2012, matouse en County Durham un animal que se sospeita que era un coipú.
A carne de coipú é magra e baixa en colesterol, pero os intentos de introdcir a súa carne nos mercados foron infrutuosos. Unha compañía recibiu subvencións para establecer unha fábrica en Louisiana para utilizar a carne de coipú para fabricar alimento para cans. En 2012, a Louisiana Wildlife Federation recoñeceu a esa compañía co premio ao "Negocio conservacionista do ano" por encontrar un uso para esa proteína ecosustentable.
Nas antigas repúblicas soviéticas de Asia Central comercialízase a carne de coipú en mercados locais.https://www.theguardian.com/world/2016/nov/18/hot-rat-is-so-hot-right-now-moscow-falls-for-the-rodent-burger En 2016, a carne está usándose con éxito nun restaurante de Mosú, como parte do movemento ruso locálvoro e como unha moda hipster.
Ademais dos danos directos ao medio ambiente, o coipú hospeda o nematodo parasito Strongyloides myopotami, que pode infectar a pel humana, causan do unha dermatite similar á da estronxiloidíase.
Distribución