Pedro Osorio de Villalobos, señor de Navia, Burón e Val de Lourenzá, foi un nobre galego do século XV que participou na Gran Guerra Irmandiña.

Traxectoria esquerda|miniatura|Vista do Castelo da Rocha Forte. Era o quinto fillo de Pedro Álvarez Osorio, señor de Villalobos e primeiro conde de Trastámara, que faleceu despois do cerco de Santiago de Compostela. Por matrimonio estaba vinculado á familia dos Moscoso.

Durante a revolta dos Irmandiños dirixiu a irmandade no señorío de Santiago, e participou activamente na destrución do Castelo da Rocha Forte. Foi derrotado por Pedro Madruga na Almáciga, ás portas de Compostela, e en 1469 quedou preso por Diego de Andrade en Pontedeume onde morreu."Osorio de Moscoso" Bermudez de Castro. Genealogía .

Tivo catro fillos, Afonso Osorio de Moscoso (que morreu de peste en 1496 en Flandres), Bernal Yáñez de Moscoso, Rodrigo Osorio de Moscoso, segundo conde de Altamira finado o 15 de xaneiro de 1510 en Orán e Álvaro Osorio de Moscoso, dominico bispo de Astorga.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Gran Guerra Irmandiña Ligazóns externas , José Luis ."Pérez Osorio s. XIV-XVI" e "Osorio de Moscoso, s. XV-XX" Xenealoxías do Ortegal. Ficha no sitio web do castelo da Rocha Forte

Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Revoltas irmandiñas Categoría:Nobres de Galicia do século XV