Fuentidueña é un concello español da provincia de Segovia, en Castela e León. Tiña en 2015 unha poboación de 144 habitantes.
Situada no extremo norte da provincia, a vila de Fuentidueña álzase sobre un estreito val formado polo río Duratón, situación xeográfica única que explica a importancia da vila durante a Idade Media. Entre os seus lugares de interese destacan as ruínas do castelo de Fuentidueña, as igrexas de San Martín, San Miguel e Santa María, o Hospital da Magdalena, a Capela do Pilar e a necrópole medieval.
Véxase tamén
Categoría:Concellos da provincia de Segovia