Ramón Rivero de Aguilar Otero, nado en Santiago de Compostela e finado en Madrid o 9 de maio de 1957, foi un fiscal e político galego.
Traxectoria Fillo de José Rivero de Aguilar Gutiérrez de la Peña. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, rematando en 1923, e doutorouse ao ano seguinte. En 1925 era profesor auxiliar na Facultade de Dereito. En 1930 aprobou as oposicións á fiscalía e foi nomeado fiscal da Audiencia de Pontevedra pasando en 1933 a fiscal da Audiencia da Coruña. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 presentouse voluntario e foi nomeado tenente auditor e exerceu como fiscal nos consellos de guerra, entre eles o de Alexandre Bóveda para quen solicitou a pena de morte.
En agosto de 1939 foi nomeado Secretario Técnico do Servizo Nacional de Prisións e en setembro de 1940 Fiscal de Tasas na provincia de Segovia e despois nas de Palencia, Santander e Zaragoza, para converterse en xaneiro de 1945 en Fiscal Provincial de Tasas de Pontevedra. Permaneceu nese posto até que en 1950 foi trasladado a Madrid como fiscal da Audiencia e, dous anos despois a Pamplona. En 1954 foi nomeado fiscal do Tribunal Supremo. Finou coa súa muller no Aeroporto de Madrid-Barajas nun accidente de aviación o 9 de maio de 1957.Necrolícica en El Correo Gallego, 8-5-1958, p. 4.
Vida persoal Casou con María de las Mercedes Díaz de Rábago Paseiro en xaneiro de 1931,El Compostelano, 7-1-1931, p. 2., e logo do falecemento desta en outubro dese mesmo ano,El Eco de Santiago, 28-10-1931, p. 2. coa súa irmá María Teresa Díaz de Rábago Paseiro e foi pai de Ramón María, María Teresa, José Jacobo, María de la Asunción, María del Pilar, Fernando e Paloma Rivero Díaz.
Notas
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Fiscais de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Finados en 1957 Categoría:Finados en accidente aéreo