Ramón Saavedra Salgado, nado en Lugo o 15 de agosto de 1873 e finado en Santiago de Compostela a principios de xullo de 1932, foi un político galego.
Traxectoria Fillo de José Manuel Saavedra Pando. Presidente da Confederación de Sindicatos Católicos. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde de Lugo o día 1 de outubro de 1923. A elección foi anulada e o día 4 elixiron a Manuel Roca Varela. O 12 de xaneiro de 1924 volveu ser nomeado alcalde Ramón Saavedra Salgado ao ser destituído o Concello. Permaneceu no cargo até principios de xaneiro de 1925. Foi presidente da Unión Patriótica de Lugo. Finou en Santiago de Compostela a principios de xullo de 1932.El Compostelano, 2-7-1932, p. 2.
Vida persoal Casou con Herminia Hidalgo Díaz de Léon.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Alcaldes de Lugo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1873 Categoría:Finados en 1932 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos