Eusko Ikaskuntza (EI) (en galego, Sociedade de Estudos Vascos) é unha entidade privada científico-cultural creada en 1918 polas Deputacións forais de Áraba, Biscaia, Guipúscoa e Navarra coa intención de "ser un recurso estable e duradeiro, co fin de desenvolver a cultura euskalduna".
Os membros desta entidade están reunidos en diferentes Seccións Científicas. É a única institución de diferentes disciplinas científicas que ten presenza oficial en todo o País Vasco, concedendo, entre outros, o Premio Manuel Lekuona. A sede central está en Donostia, con oficinas e delegacións en Baiona, Pamplona, Vitoria e Bilbao.
Seccións científicas Comunicación Ciencias sociais e Economía Dereito Ensino Antropoloxía-Etnografía Folclore Física, Química e Matemáticas Ciencias da Medicina Ciencias Naturais Artes plásticas e Monumentais Música Fotografía Lingua e Literatura Prehistoria-Arqueoloxía Historia-Xeografía
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial do Eusko Ikaskuntza
Categoría:Cultura do País Vasco Categoría:Sociedades científicas Categoría:Editoriais de España