RASAT é un satélite de Turquía lanzado mediante un foguete Dnepr o 17 de agosto de 2011 desde Dombarovskiy.
Características RASAT é operado polo Instituto de Investigación Espacial Turco, TÜBITAK-UZAY. É o primeiro satélite de observación terrestre desenvolvido e construído por enxeñeiros turcos e sucesor do satélite BILSAT 1 lanzado en 2003.
O satélite é capaz de tomar imaxes da Terra cunha resolución de 7,5 m en modo pancromático e de 15 m en modo multiespectral. Foi lanzado nunha órbita inicial de 689 km de apoxeo e 668 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 98,26 graos e un período orbital de 98,40 minutos.
Notas
Categoría:Satélites artificiais