Raúl González Puebla é un político galego do PPdeG.

Traxectoria

Concelleiro polo Terzo Familiar nas últimas corporacións franquistas. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura do Grupo Independente Guardés, gañou as eleccións con maioría absoluta e foi elixido alcalde o 19 de abril de 1979. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura de Alianza Popular e volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta. Renunciou a concorrer á reelección nas municipais de 1987 sendo sucedido polo seu número 2 Manuel Díaz González á fronte da candidatura de Alianza Popular e da alcaldía. Nas municipais de 1995 volveu á política como cabeza de lista da formación Independentes do Baixo Miño, á fronte da cal logrou 3 concelleiros e se converteu na chave de goberno. Desta forma optou por apoiar ao Partido Popular da entón alcaldesa Purificación Álvarez, pasando a se-lo seu primeiro tenente de alcalde. En 1999 non encabezou ningunha formación e retirouse definitivamente da política.

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais na Guarda

Ligazóns externas Raúl González Puebla, ex alcalde de A Guarda

Categoría:Alcaldes da Guarda Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia