Charles Chamberland, nado o 12 de marzo de 1851 e finado o 2 de maio de 1908, foi un microbioloxista francés procedente de Chilly-le-Vignoble, Borgoña-Franco Condado, que traballou con Louis Pasteur.
En 1884 desenvolveu un tipo de filtración coñecido actualmente como o filtro Chamberland ou filtro Chamberland-Pasteur, un dispositivo que fixo uso dunha barra de porcelana sen esmaltar. O filtro contaba cuns poros máis pequenos que as bacterias, facendo posible pasar unha solución bacteriana a través do mesmo e eliminando dita bacteria da solución. Tamén se lle recoñece ter comezada un proxecto de investigación que deu pé á invención, en 1879, do dispositivo coñecido como autoclave.
Chamberland traballou con Pasteur e deu, de xeito fortuíto, coa vacina para o cólera aviario. Ao irse de vacacións, esqueceuse inxectar o axente infeccioso nalgúns polos tal e como lle fora dito. Ao retornar atopárase co frasco das bacterias e pensou que, con todo, podería inxectalas nos polos. Para a súa sorpresa as aves non morreron. Informou do sucedido a Pasteur, quen lle dixo de inxectar unha mostra fresca aos polos. Novamente inxectou a solución bacteriana nas mesmas criaturas, que se mostraban inmunes aos seus efectos mortíferos. Ambos se decataron, en consecuencia, de que unha forma máis feble do axente infeccioso podía actuar como vacina.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Charles Edouard Chamberland and Louis Pasteur, PasteurBrewing.com
Categoría:Nados en 1851 Categoría:Nados no departamento de Jura Categoría:Alumnos da École Normale Supérieure Categoría:Finados en 1908 Categoría:Biólogos de Francia