Torpedo é un xénero de peixes elasmobranquios batoideos, o tipo da familia dos torpedínidos, que son coñecidos vulgarmente como torpedos,torpedo, 1ª acep., no dicionario da RAG. estrugas,estruga , 2ª acep., no dicionario da RAG. ortigas,ortiga, 2ª acep., no dicionario da RAG. ou raias eléctricas,Raia eléctrica, no Gran dicionario Xerais da lingua, volume II. Vigo, Xerais, 2009. ISBN 978-84-9914-072-8.

Son raias moi coñecidas por seren capaces de producir descargas eléctricas de 8 até 220 voltios, dependendo da especie, que usan para atodar ás súas presas e para defensa.Martin, R. Aidan. Electric Rays. ReefQuest Centre for Shark Research.

A especie máis común en Galicia é Torpedo marmorata.Rodríguez Villanueva, Xosé Luís e Xavier Vázquez Álvarez (1992): Peixes do mar de Galicia (I). Lampreas, raias e tiburóns. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-654-8, p. 112.

A situación taxonómica do xénero Torpedo é controvertida. Para algúns autores sería o único da familia dos torpedínidos, mentres que a maioría consideran que esta comprende, además de Torpedo, o xénero Tetronarce. (Véxanse os artigos Torpedínidos e Tetronarce).

Morfoloxía As principais características das especies do xénero Torpedo son as seguintes: Os torpedos ou raias eléctricas son peixes aplanados, como as outras raias, en forma de disco, coas extremidades caudais de tamaño variábel. A boca e es branquias están situadas na cara inferior do animal. Os machos teñen unha cloaca cerca da base da cola. As femias son ovovivíparas.

Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1764 polo médico e naturalista neerlandés Maarten Houttuyn, na súa monumental obra Natuurlyke Historie of uitvoerige Beschrÿving der Dieren, Planten en Mineraalen, volgens het Samenstel van der Heer Linnaeus ("Historia Natuural completa dos animais, plantas e minerais, segundo o sistema do señor Linneo"), publicada en 37 volumes en Ámsterdam entre 1761 e 1785.

Porén, algúns autores atribúenlle a súa descrición, en 1806, ao zoólogo francés André Marie Constant Duméril.Torpedo Duméril, 1806 no WoRMS.

Etimoloxía O nome do xénero, Torpedo, deriva do verbo latino torpere , 'agarrotarse', 'quedar paralizado', facendo referencia ao efecto que producen estes animais en alguén que os manipula ou os pisa cando están vivos.

Sinonimia O xénero coñeceuse tamén polos sinónimos seguintes: Segundo o ITIS:Torpedo Houttuyn, 1764 no ITIS. Eunarce Fowler, 1910 Fimbriotorpedo Fritsch, 1884 Segundo o WoRMS:Torpedo no WoRMS. Narcacion Gill (ex Klein), 1861 Narcacion Klein, 1776 Narcacion Bleeker (ex Klein), 1865 Narcobatus Blainville, 1816 Notastrape Whitley, 1932 Tetronarcine Tanaka, 1908 Torpedo Duméril, 1806

Clasificación Algúns autores consideran que este xénero comprende dous subxéneros: Torpedo (Tetronarce), coa especie: Torpedo (Tetronarce) nobiliana Bonaparte, 1835, representada como Torpedo nobiliana Bonaparte, 1835, e aceptada actualmente como Tetronarce nobiliana (Bonaparte, 1835). Torpedo (Torpedo), coas especies: Torpedo (Torpedo) marmorata Risso, 1810, aceptada como Torpedo marmorata Risso, 1810. Torpedo (Torpedo) torpedo (Linnaeus, 1758), aceptada como Torpedo torpedo (Linnaeus, 1758).

Porén, na actualidade, a maioría dos autores consideran o subxénero Tetronarce como un xénero independente.

Especies En canto ás especies, segundo o WoRMS, e a FishBase,Froese, Rainer & Daniel Pauly, eds. (2015): Familia Torpedinidae en FishBase. o xénero comprende as seguintes especies:

Torpedo adenensis Carvalho, Stehmann & Manilo, 2002 Torpedo alexandrinsis Mazhar, 1987 Torpedo andersoni Bullis, 1962 Torpedo bauchotae Cadenat, Capapé & Desoutter, 1978 Torpedo californica Ayres, 1855 Torpedo fairchildi Hutton, 1872 Torpedo formosa Haas & Ebert, 2006 Torpedo fuscomaculata Peters, 1855 Torpedo mackayana Metzelaar, 1919 Torpedo macneilli (Whitley, 1932) Torpedo marmorata Risso, 1810 Torpedo microdiscus Parin & Kotlyar, 1985 Torpedo nobiliana Bonaparte, 1835 Torpedo panthera Olfers, 1831 Torpedo peruana Chirichigno F., 1963 Torpedo puelcha Lahille, 1926 Torpedo semipelagica Parin & Kotlyar, 1985 Torpedo sinuspersici Olfers, 1831 Torpedo suessii Steindachner, 1898 Torpedo tokionis (Tanaka, 1908) Torpedo torpedo (Linnaeus, 1758) Torpedo tremens de Buen, 1959 Segundo o ITIS: Torpedo adenensis Carvalho, Stehmann & Manilo, 2002 Torpedo andersoni Bullis, 1962 Torpedo bauchotae Cadenat, Capape & Desoutter, 1978 Torpedo californica Ayres, 1855 Torpedo fuscomaculata Peters, 1855 Torpedo mackayana Metzelaar, 1919 Torpedo macneilli (Whitley, 1932) Torpedo marmorata Risso, 1810 Torpedo nobiliana Bonaparte, 1835 Torpedo panthera Olfers, 1831 Torpedo peruana Chirichigno F., 1963 Torpedo sinuspersici Olfers, 1831 Torpedo tokionis (Tanaka, 1908) Torpedo torpedo (Linnaeus, 1758) Torpedo tremens de Buen, 1959

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7. Rodríguez Villanueva, Xosé Luís e Xavier Vázquez Álvarez (1992): Peixes do mar de Galicia (I). Lampreas, raias e tiburóns. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-654-8. van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", in: Costello, M. J. et al., eds. European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Paris: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-8565-3538-0, pp. 357–374. VV. AA. (2005): "Peces cartilaginosos". Animal. La definitiva e impactante guía visual de la vida salvaje en nuestro planeta. Madrid: Pearson Educación, S. A. ISBN 84-205-3616-4.

Outros artigos Condrictios Elasmobranquios Batoideos Torpediniformes

Ligazóns externas Torpedo no WoRMS. Torpedo Houttuyn, 1764 no ITIS. Familia Torpedinidae en FishBase. Torpedo na EOL. Torpedo no NCBI.

Categoría:Elasmobranquios Categoría:Produtos da pesca