Art Spiegelman, nado en Estocolmo o 15 de febreiro de 1948, é un historietista estadounidense fillo dunha familia xudeopolonesa. Como artista está vencellado á cultura underground e a diversas correntes artísticas contemporáneas. Da súa obra, destaca Maus, unha peza de denuncia do Holocausto a partir da experiencia vital dos seus proxenitores, que sufriron a persecución do réxime nazi. Spiegelman foi unha influencia notable para autores máis novos, como Craig Thompson ou Alex Robinson.

A súa obra máis coñecida a nivel internacional, Maus (galardoada co Premio Pulitzer), foi traducida ao galego por vez primeira en 2008 (labor a cargo de Diego García Cruz) e publicada pola editorial balear InrevésMAUS (EDICIÓN EN GALEGO), publicado o 21 de novembro de 2008.. En 2017 a editorial Rinoceronte volvería traducir (traballo que fixo Estela Villar) e publicar a obraNovelas en tránsito , artigo en Sermos Galiza o 8 de setembro de 2017..

Obra Breakdowns: From Maus to Now, an Anthology of Strips (1977) Maus (1991) The Wild Party (1994) Open Me, I'm A Dog (1995) Jack Cole and Plastic Man: Forms Stretched to Their Limits (2001) In the Shadow of No Towers (2004) Breakdowns: Portrait of the Artist as a Young %@&*! (2008) Jack and the Box (2008) Be a Nose (2009) MetaMaus (2011) Co-Mix: A Retrospective of Comics, Graphics, and Scraps (2013)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Spiegelman na Lambiek Comiclopedia .

Categoría:Nados en Estocolmo Categoría:Nados en 1948 Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa