Tetronarce é un xénero de peixes elasmobranquios batoideos, un dos dous que integran a familia dos torpedínidos, que son coñecidos vulgarmente como torpedos,torpedo, 1ª acep., no dicionario da RAG. estrugas,estruga , 2ª acep., no dicionario da RAG. ortigas,ortiga, 2ª acep., no dicionario da RAG. ou raias eléctricas,Raia eléctrica, no Gran dicionario Xerais da lingua, volume II. Vigo, Xerais, 2009. ISBN 978-84-9914-072-8.
Son raias moi coñecidas por seren capaces de producir descargas eléctricas de 8 até 220 voltios, dependendo da especie, que usan para atordar as súas presas e para defensa.Martin, R. Aidan. Electric Rays. ReefQuest Centre for Shark Research.
As especies deste xénero son lentos habitantes dos fondos mariños que, como os seus parentes do xénero Torpedo, poden xerar electricidade como mecanismo de defensa contra os depredadores e para a captura das súas presas. Normalmente alcanzan un tamaño moito maior (até 180 cm) que as especies de Torpedo, que teñen xeralmente un tamaño de pequeno a moderado (entre os 25 e os 80 cm).Carvalho, M. R. de. (2015): "Torpedinidae". En: Heemstra, P. C., Heemstra, E. & Ebert, D. A. eds., Coastal Fishes of the Western Indian Ocean. Vol. 1. Grahamstown, South Africa: South African Institute for Aquatic Biodiversity.
A situación taxonómica do xénero Tetronarce é controvertida. Mentres que para a maioría dos autores a familia dos torpedínidos comprende dous xéneros, algúns pensan que as especies deste xénero están integradas en Torpedo. (Véxanse os artigos Torpedínidos e Torpedo).
Morfoloxía As principais características das especies do xénero Tetronarce son as seguintes:Froese, R. & D. Pauly, eds. (2016): FishBase. Os torpedos ou raias eléctricas son peixes aplanados, como as outras raias, en forma de disco, coas extremidades caudais de tamaño variábel. A boca e as branquias están situadas na cara inferior do animal. Os machos teñen unha cloaca cerca da base da cola. As femias son ovovivíparas.
Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1862 polo ictiólogo estadounidense Theodore Nicholas Gill,Tetronarce Gill, 1862 no WoRMS.
Taxonomía controvertida Segundo o ITIS, a familia dos torpedínidos comprende un só xénero, Torpedo, pero a maioría dos autores (WoRMS, FishBase, NCBI e UICN) admiten, ademais, o xénero Tetronarce.Torpedinidae no NCBI.Especies da familia dos torpedínidos na Lista vermella da UICN.
Clasificación O xénero comprende as seguintes nove especies: Tetronarce californica Ayres, 1855 Tetronarce cowleyi Ebert, D. L. Haas & M. R. de Carvalho, 2015 <ref name=Ebert2015>Ebert, D. A., Haas, D. L. & de Carvalho, M. R. (2015): "Tetronarce cowleyi, sp. nov., a new species of electric ray from southern Africa (Chondrichthyes: Torpediniformes: Torpedinidae)". Zootaxa, 3936 (2): 237–250.</ref> Tetronarce fairchildi F. W. Hutton, 1872 Tetronarce formosa D. L. Haas & Ebert, 2006 Tetronarce macneilli Whitley, 1932 Tetronarce nobiliana Bonaparte, 1835 Tetronarce puelcha Lahille, 1926 Tetronarce tokionis S. Tanaka (I), 1908 Tetronarce tremens de Buen, 1959
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2. Froese, R. & D. Pauly, eds. (2016): FishBase. (Ver en liña en http://www.fishbase.org). Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7. van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", in: Costello, M. J. et al., eds. European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-8565-3538-0, pp. 357–374. VV. AA. (2005): "Peces cartilaginosos". Animal. La definitiva e impactante guía visual de la vida salvaje en nuestro planeta''. Madrid: Pearson Educación, S. A. ISBN 84-205-3616-4.
Outros artigos Condrictios Elasmobranquios Batoideos Torpediniformes
Ligazóns externas Tetronarce Gill, 1862 no WoRMS. Familia ''Torpedinidae en FishBase. Tetronarce no NCBI.
Categoría:Elasmobranquios Categoría:Produtos da pesca