RD-0120 é a designación dun tipo de motor foguete utilizado na etapa central dos foguetes Energia. Tamén é coñecido como 11D122 e RO-200.
Características O motor RD-0120 foi o primeiro motor foguete operativo soviético de osíxeno e hidróxeno líquidos. Foi creado como resposta aos motores SSME dos transbordadores espaciais estadounidenses e con similares prestacións, pero menos complexo e por tanto máis barato. O pulo variarse entre o 45% e 100% do pulo total. Segue sendo o motor soviético-ruso máis potente dunha soa cámara de combustión. Tiña un pulo de 1961,0 kN.
En total lanzáronse dous foguetes Energia, en maio de 1987 e novembro de 1988, cada un montando catro RD-0120 na súa etapa central. O colapso da Unión Soviética en 1990 fixo que o foguete Energia fora abandonado xunto cos RD-0120. Intentos posteriores de reintroducilos en novos foguetes non tiveron éxito.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Energia
Categoría:Motores foguete