Manuel Pérez Donsión, nado en Donsión (Lalín) o 18 de xaneiro de 1954, é un enxeñeiro industrial e profesor galego.

Traxectoria Incorporouse en 1972 á Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Industrial da Universidade Laboral de Tarragona, onde fixo o bacharelato superior e tres anos despois conseguiu o título de Enxeñeiro Técnico Industrial. Posteriormente trasladouse á Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais de Terrasa (Universidade Politécnica de Cataluña) onde conseguiu o título de Enxeñeiro Industrial. Regresou a Galicia e incorporouse en 1980 á Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais de Vigo, onde obtivo o doutoramento 6 anos despois. Opositou ao corpo de profesores titulares da Universidade e conseguiu praza en 1987. En 1993 obtivo a Cátedra na Universidade de Vigo, e imparte docencia na área de Enxeñería Eléctrica.

Realizou proxectos de enxeñería e levou a dirección de obra de moitos deles, participou en comités con representación internacional, coordinou a organización, como director/presidente, de actividades de I+D (congresos/conferencias) e imparte conferencias e seminarios en universidades e centros de investigación de todo o mundo. Dirixiu 5 Teses Doutorais e 70 Proxectos Fin de Carreira.

Publicacións Manual de Prácticas de Laboratorio de Maquinas Eléctricas (Vigo, 1986). Maquinas Eléctricas de corriente continua. Bases teóricas y ejercicios propuestos (Vigo, 1987). Maquinas Eléctricas de corriente continua. Ejercicios resueltos (Vigo, 1987). Motores síncronos de imanes permanentes (monografía en colaboración con Manuel A. Fernández Ferro, Santiago de Compostela, 1990). Estabilidad transitoria de sistemas de potencia (Santiago de Compostela, 1993). Coupled model for the interior type permanent magnet synchronous motors at different speeds (Países Baixos, 2006).

Recoñecementos Membro do Consello Reitor do Instituto Tecnolóxico de Galicia (1994 –2001 por ser Director ETSII). Membro do Steering Committee da International Conference on Electrical Machines (ICEM). Presidente do Comité Directivo do Congreso Hispano-Luso de Enxeñería Eléctrica (CHLIE) Membro do Subcomité Español de Compatibilidade Electromagnética (AENOR: AEN/CTN 208 G.T. 77-210). Presidente da Asociación Española para o Desenvolvemento da Enxeñería Eléctrica (AEDIE), da European Association for the Development of Electrical Engineering (EADEE) e da European Association for the Development of Renewable Energy, Environment and Power Quality (EA4EPQ). Vice-Presidente da Asociaçao Portuguesa para o Desenvolvemento da Engenharia Electroténica (APDEE). Premio Aragón 1984. Premio Sevilla 1988. Insignia de Ouro da Fundación Semana Verde de Galicia (1998). Premio Hector Arias 2003 de Técnica Industrial.

Achegas pedagóxicas Os libros de Manuel Pérez Donsión son empregados tanto no campo de investigación como no ensino universitario. Os seus primeiros libros (como por exemplo, Calidad de la energía eléctrica empréganse principalmente no ámbito da educación e os últimos, máis técnicos e específicos (como por exemplo, Analysis for Power Quality Monotoring), céntranse no campo da investigación.

Vida persoal

Casou con Alicia Blanco Jar, é pai de Juan José Pérez Blanco. Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Donsion.org

Patentes

Categoría:Enxeñeiros de Galicia Categoría:Catedráticos da Universidade de Vigo Categoría:Nados en Lalín Categoría:Nados en 1954 Categoría:Alumnos da Universidade Politécnica de Cataluña Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo