Antoine Goüan, escrito moitas veces como Antoine Gouan, nado en Montpellier o 15 de novembro de 1733, e finado na mesma cidade o 1 de setembro de 1821, foi un botánico e ictiólogo francés.
Foi o primeiro científico en adoptar en Francia a nomenclatura binomial de Linneo, e o primeiro en publicar unha flora adaptada ao método e á clasificación linneana.
Traxectoria Goüan fixo os seus primeiros estudos en Tolosa e despois estudou medicina na Universidade de Montpellier. Estivo moi influído polo seu profesor de medicina François Boissier de Sauvages de Lacroix (1706-1767), un moi fervente admirador do método linneano.
Acadou o doutoramento o 25 de agosto de 1752 e, seguidamente, comezou a practicar a medicina no Hospital de Saint-Éloi de Montpellier, pero ao pouco tempo sentiuse interesado na que foi a súa gran paixón: a historia natural, especialmente pola entomoloxía, a ictioloxía e tamén a botánica.
Foi admitido en 1757 na Academia da cidade como adxunto de botánica. Aínda que fixo traballos en zooloxía, consagrouse sobre todo á botánica. Por intermedio de Sauvages de Lacroix comezou a intercambiar correspondencia con Linneo a finais dos anos 1750, enviándolle espécimes de insectos, que Linneo lle agradece.
En 1762 publicou o catálogo das plantas do xardín botánico de Montpellier, Hortus regius monspeliensis. Por primeira vez en Francia, unha obra taxonómica segue a nomenclatura binomial proposta por Linneo.
En 1765 publicou Flora Monspeliaca, e foi elixido membro titular da Academia de Monpelleir. Obtivo un emprego no xardín botánico e encargouse de herborizar no campo.
miniatura|esquerda|250px|Busto de Antoine Gouan no Xardín Botánico de Montpellier.
Ao ano seguinte, substitúe a de La Croix de Sauvages na Facultade de Medicina. Fórmase cos grandes nomes da historia natural, como Jean-Emmanuel Gilibert (1741-1814), Joseph Dombey (1742-1794), Jean-Guillaume Bruguière (1750-1798), Jacques-Julien Houtou de La Billardière (1755-1834), Guillaume-Antoine Olivier (1756-1814) e Auguste Broussonnet (1761-1807).
As súas obras foron criticadas por Bernard de Jussieu (1699-1777) en termos moi duros: «Non hai nada máis pobre e erróneo que o libro de botánica que publicou M. Gouan co título de Hortus monspeliensis, que segue na mala liña da súa Flora monspeliaca».
En 1770 publicou unha obra de ictioloxía, Historia Piscicum, na que aumentou o número de xéneros de peixes precedentementes creados co sistema linneano. Creou e describiu, entre outros, os xéneros zoolóxicos Lepadogaster, Lepidopus e Trachypterus, todos eles aínda válidos hoxe en día.
Así mesmo, deulle nome a numerosísimas especies e subespecies de plantas.Lista dos taxons descritos ou codescritos por Gouan, en IPNI.
E en 1773 publicou Illustrationes et observationes botanicæ, con 26 láminas. Substitúe a Joseph Barthez (1734-1806) no posto de encargado da de botánica na Academia. O renome de Gouan agrándase, e o autor establece relacións con numerosos botánicos e naturalistas tanto franceses como estranxeiros.
Auguste Broussonnet (1761-1807) envioulle un exemplar de Ginkgo biloba que recibira de Sir Joseph Banks (1743-1820). Goüan plantouno no xardín botánico, e no ano 2008 aínda estaba en pé. Co fin de facilitar a comprensión do sistema linneano preparou un libriño titulado Explication du système botanique du chevalier von Linné. Foi elixido membro estranxeiro da Sociedade Linneana de Londres en 1788, e así mesmo tamén formou parte de numerosas sociedades científicas (como, por exemplo, a Real Academia das Ciencias de Suecia, para a que foi elixido como membro estranxeiro en 1790).
Antoine Goüan mantivo, ao longo da súa vida, unha importante correspondencia con numerosos sabios do seu tempo. Ademais de Linneo, cómpre citar a Albrecht von Haller (1708-1777), Jean-Guillaume Bruguière (1750-1798), Jean-Jacques Rousseau (1712-1778), Joseph Palisot de Beauvois (1752-1820), Joseph Dombey (1742-1794), Carl Peter Thunberg (1743-1828) etc.
Principais obras Hortus Regius Monspeliensis, sistens plantas tum indigenas tum exotica (1762). Flora Monspeliaca, sistens plantas no. 1850 ad sua genera relatas, et hybrida methodo digestas; adjectis nominibus specificis, trivialibusque, synonymis selectis, habitationibus plurium in agro Monspeliensi nuper detectarum, et earum quae in usus medicos veniunt nominibus pharmaceuticis, virtutibusque probatissimis (1765). Illustrationes et Observationes Botanicae, ad specierum historiam facientes seu rariorum plantarum indigenarum, pyrenaicarum, exoticarum adumbrationes, synonymorum… Cum iconibus ex naturae typo et magnitudine naturali ab auctore delineatis (1773). Herborisations des environs de Montpellier, ou guide botanique à l'usage des élèves de l'école de santé… (1796).
Recoñecementos Moitos taxons co epíteto específico de gouanii conmemoran o seu nome, por exemplo Ranunculus gouanii.Ranunculus gouanii en UK Wildflowers.
Abreviaturas A abreviatura Gouan emprégase para recoñecer a como autoridade na descrición e sistemática en botánica. A abreviatura Goüan emprégase para recoñecer a como autoridade na descrición e sistemática en zooloxía.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Benoît Dayrat (2003): Les Botanistes et la Flore de France. Trois siècles de découvertes, Publications scientifiques du Muséum national d’histoire naturelle. Pascal Duris (1993): Linné et la France (1780-1850). Librairie Droz (Genève), collection Histoire des idées et critique littéraire, nº 318. Jacques-Alphonse Mahul: Annuaire nécrologique, ou Supplément annuel et continuation de toutes les biographies ou dictionnaires historiques, 2e année, 1821, París: Ponthieu, 1822, pp. 198-203.
Ligazóns externas IPNI.
Categoría:Científicos de Francia Categoría:Botánicos de Francia Categoría:Zoólogos de Francia Categoría:Escritores en lingua latina Categoría:Nados en 1733 Categoría:Nados en Montpellier Categoría:Finados en 1821