A dos macrúridos (Macrouridae) é unha familia de peixes teleósteos da orde dos gadiformes,Macrouridae Gilbert and Hubbs, 1916 no ITIS.Macrouridae Bonaparte, 1831 no WoRMS. que son coñecidos vulgarmente como granadeiros, peixes rato ou ratos.Rodríguez Villanueva, Xosé Luís e Xavier Vázquez Álvarez (1995): Peixes do mar de Galicia (III). Peixes óseos (continuación). Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-870-2, pp. 156-163.Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, pp. 95-98

Encóntranse entre os peixes máis comúns das zonas abisais e están presentes en todos os oceános do mundo.Nelson, Joseph S. (2006).

Taxonomía Descrición A familia foi descrita en 1916 polos ictiólogos estadounidenses Charles Henry Gilbert e Carl Leavitt Hubbs. Porén, algúns autores atribúenlle dita descrición, en 1831, ao naturalista francés Charles Lucien Bonaparte, e outros aos ictiólogos estadounidenses David Starr Jordan e Barton Warren Evermann, en 1898.Family Macrouridae Jordan and Evermann 1898 en Fossilworks.

Etimoloxía O nome científico da familia, Macrouridae, está formado polos elementos do VCI macro- e -ur-, tirados do grego antigo μακρός makrós, "grande", e οὐρά ourá, "cola",Family Macrouridae - Grenadiers or rattails en FishBase. coa desinencia -idae, "semellantes", plural de -ideus e derivada do grego antigo ειδης eidēs, de είδος eídos, "aspecto", "aparencia", propia dos nomes das familias de animais. Literalmente: "os de cola grande".

Clasificación A familia conta con numerosos xéneros con cerca de 400 especies, distibuídas en catro subfamilias:

Familia Macrouridae Gilbert & Hubbs, 1916 Subfamilia Bathygadinae Jordan & Evermann, 1898 Subfamilia Macrourinae Bonaparte, 1831 Subfamilia Macrouroidinae Smith & Radcliffe, 1912 Subfamilia Trachyrincinae Goode & Bean, 1896

En Galicia En augas galegas están rexistradas, entre outras, as cinco especies seguintes: Coelorinchus occa (Goode & Bean, 1885) Malacocephalus laevis (Lowe, 1843) Nezumia aequails (Günther, 1878) Nezumia sclerorhynchus (Valenciennes, 1838) Trachyehynchus trachyehynchus (Risso, 1810)

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU.: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7. Van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N.; Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al. (Eds.) European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-85653-538-0, pp. 357–374.

Ligazóns externas Family Macrouridae - Grenadiers or rattails en FishBase. Macrouridae na EOL.

Categoría:Gadiformes