O níscaro de sangue (Lactarius sanguifluus) é unha especie de fungo da familia Russulaceae que produce cogomelos comestibles. Atópase por Asia e Europa. Cando rompe ou se corta, desprende un látex de cor viño que pasa a cor verdososa coa exposición ao aire. O sombreiro do cogomelo é de cor alaranxada ou marrón arroibada con zonas concéntricas de cor máis escura, e vai adquirindo forma de embude segundo vai madurando. Os cogomelos poden atoparse illados ou en grupos principalmente nas proximidades de coníferas.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Lactarius Categoría:Fungos comestibles Categoría:Fungos de Galicia