Tanella Suzanne Boni, nada en Abidjan en 1954 e finada en Tolosa o 15 de setembro de 2026, foi unha escritora e novelista marfilesa, profesora de Filosofía na Universidade de Abidjan. Para alén das súas actividades docentes e de investigación, foi presidenta da Asociación de Escritores da Costa do Marfil entre 1991 e 1997, e organizadora do Festival Internacional de Poesía de Abidjan de 1998 a 2002.
Traxectoria Pasou a súa infancia coa súa irmá no norte do país, onde estudou até o bacharelato. Posteriormente realizou os seus estudos universitarios en Tolosa; doutorouse pola Universidade de París. Chegou a ser profesora de Filosofía na Universidade de Cocody-Abidjan (actual Universidade Félix Houphouët-Boigny). Tamén escribiu poesía, novelas, relatos, crítica literaria e literatura infantil.
Obra Labyrinthe (poemas, 1984) Une vie de crabe (novela, 1990) De l'autre côté du soleil (literatura infantil, 1991) La fugue d'Ozone (relato infantil, 1992) Grains de sable (poemas, 1993) Il n'y a pas de parole heureuse (poemas, 1997) L'atelier des génies ( relato infantil, 2001) Les baigneurs du Lac rose (novela, 2002) Chaque jour l'espérance (poemas, 2002) Ma peau est fenêtre d'avenir (poemas, 2004) Gorée île baobab (poemas, 2004) Matins de couvre-feu (novela, 2005)
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Escritores de Costa do Marfil Categoría:Nados en Abidjan Categoría:Nados en 1944 Categoría:Finados en 2026