Joseph Bologne de Saint-George, máis coñecido como Chevalier de Saint-George ou simplemente Saint-George, nado o 25 de decembro de 1745 en Baillif (Guadalupe, Francia) Data de nacemento segundo o afirmado por un amigo de toda a vida. e finado en París o 10 de xuño de 1799, foi un esgrimista, músico (violinista), compositor e director de orquestra francés.

Traxectoria Nado en Guadalupe, foi o fillo de George Bologne de Saint-Georges, un rico facendeiro, e Nanon, a súa escrava africana.Documento: Permiso de Mme. George Bologne para levar a Nanon negresse e Joseph, seu fillo de 2 anos, a Francia; Archives départementales de la Gironde; 6B/50. Durante a Revolución Francesa, Saint-Georges foi coronel da Légion St.-Georges,Documento: Formación da Légion St. Georges; S.H.A.T. (Arquivos do Exército Francés, Vincennes), Dossier Bologne 2Ye91/47. o primeiro rexemento de soldados de "raza negra" en Europa, combatendo polo bando republicano. Chevalier de Saint-Georges é coñecido por ser o primeiro compositor clásico de ascendencia afroamericana.

Na cultura popular Chevalier é unha película dramática biográfica estadounidense de 2022 dirixida por Stephen Williams e escrita por Stefani Robinson. Está baseada na vida do músico franco-caribeño titular Joseph Bologne, Chevalier de Saint-Georges, interpretado por Kelvin Harrison Jr.. Tivo a súa estrea mundial no 47º Festival Internacional de Cine de Toronto o 11 de setembro de 2022 e foi estreada nos Estados Unidos e na plataforma Disney+ en 2023.

Notas

Véxase tamén

Música clásica Música do Clasicismo Racialización

Categoría:Nados en 1745 Categoría:Nados en Guadalupe, Francia Categoría:Finados en 1799 Categoría:Esgrimistas de Francia Categoría:Violinistas de Francia Categoría:Compositores de Francia Categoría:Compositores de ópera